Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

1/4/20

ACTIVIDADES 4º. Xoves 2 de abril


Ooola! Que tal? Imos avanzando…

Seguen chegando fotos das vosas creacións de Ortografía Ideovisual. Hoxe animáronse Alejandra e Cristina. Parabéns polo voso traballo! Ademais temos un par de sorpresas!! Celia e Lorena achegan fotos e vídeos das pequenas ras que conseguiron facer coa colaboración das súas familias.  Fantástico traballo! Aquí volas deixo tamén!

Que vos parece si comezamos o día facendo un pouquiño de exercicio? O vídeo “Bonito día” faravos bailar!

Proposta de tarefas

Hoxe faremos unha sesión especial de Plástica, sen esquecer outras actividades.

Plástica: Despois de ver o vídeo que vos explica como facer un “collage” propóñovos que busquedes por casa diferentes materiais de reciclaxe ( papeis de envolver, de xornal, de revistas, anacos de cartón ou tea, fotos…), unhas tesoiras e un pouco de pegamento e vos animedes a crear o voso propio “collage”. Xa temos feito na escola! Seguro, seguro que van saír fantásticas obras de arte! A temática é libre.

Atención! Se non tedes pegamento sempre podedes recorrer a facelo na casa. O pegamento caseiro chámase “engrudo” Seguramente os vosos papás, mamás, avós e avoas o utilizaron sendo nen@s. Pois déixovos un vídeo para que experimentedes. Ollo! Sempre coa axuda dun adult@!

Lengua Castellana: Hoxe toca un Ditado ( preparar previamente para logo facelo nunha libreta) e unha sinxela ficha de Técnicas de Estudo.

Matemáticas: Como facendo a ra estamos traballando o espazo ( liñas, simetría, formas xeométricas…)  seguide practicando! Deste xeito tamén facemos Matemáticas!

E nada máis por hoxe. Mans á obra!

Unha aperta dixital!





Vídeo ra