Bos días! Hoxe seguiremos avanzando un pouco máis coa xeometría en matemáticas e dando remate ao tema de C.C.N.N. Con respecto a este último mañaa irei ultimando un traballo de investigación sobre os diferentes animais vertebrados para dar peche ao tema. Pero imos paso a paso. Comezamos.
Matemáticas: Hoxe non haberá exercicios para facer, no seu lugar será unha clase puramente teórica. Pero non vos relaxedes xa que mañan será unha clase completamente práctica. Déixovos un vídeo para ver e un documento en PDF por si necesitades repasar rapidamente algún concepto. Vídeo
PDF
Ciencias Naturais: Facedes os exercicios de avalíate e reforza da unidade 3 no apartado 8 de Ao peche.
Tamén facede o quizziz que vos vou deixar a continuació: Quizizz
Moito ánimo e vémonos pronto!