Ola
de novo chic@s! Seguimos avanzando… Como
levades o ritmo?
Que
tal foron as prácticas co compás? Ao comezo é un pouco difícil… pero
rápidamente seredes uns expert@s en trazar circunferencias. É cuestión de
insistir!
Gustaríame ensinarvos un vídeo que atopei sobre os golfiños xogando nunha praia da ría de Aldán, moi pretiño de aquí. Mirade como saltan e disfrutan! Perciben que hai pouca xente, por iso séntense máis libres. Da gusto velos!
Hoxe comezaremos a sesión cun vídeo sobre “Ximnasia cerebral”. Sabíades que facendo exercicios deste tipo estamos fomentado o uso dos dous hemisferios cerebrais? Isto é moi beneficioso para a nosa memoria, concentración, atención… Así que… concentrádevos moito! Non desesperedes. Todo é cuestión de práctica! ( Animade aos vosos papás e mamás a participar!)
Proposta de tarefas
Matemáticas:
Ficha de exercicios de trazado de circunferencias
e Ficha de cálculo
Lingua Galega: Ditado
Lectura.Lingua Castelá:
Proposta de “lecturas misteriosas” (
para mellorar a velocidade lectora).
Non vos preocupedes se non vos saen á
primeira, ten a súa dificultade. O importante é exercitar.
Ciencias Naturais:
Cuestionario sobre o vídeo das
Plantas. Mirade novamente o vídeo ( seguramente teredes que facelo varias
veces) e cubride o cuestionario. Mañá enviareivos as respostas para que
poidades corrixilo.
Isto é todo por hoxe! Ata mañá!