Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

15/4/20

Mércores 15/04/20 - Actividades 3º de primaria


Ola chic@s! Que tal ides? Hoxe comezaremos dunha forma diferente. Vouvos propor que comecedes realizando un pouquiño de Ioga, que nos vai a axudar un montón para despois realizar as diversas actividades propostas. Comezaremos practicando o saúdo ao Sol. Para iso ides ir ao seguinte enlace https://www.youtube.com/watch?v=iKfYvENTi40. Unha vez que o teñades interiorizado podedes facelo con este enlace máis dinámico https://www.youtube.com/watch?v=7fHpf4A9P1I

Agora que xa estades máis animados, faremos unha pequena comprensión lectora sobre o coidado da auga, traballando así tanto a área de lingua galega como a de ciencias sociais. "O coidado da auga"  Na última tarefa tedes que debuxar o ciclo da auga. Espero que non se vos esquecera!

A continuación realizaremos un cuestionario quizizz das distintas operacións matemáticas traballadas. Para iso recordade entrades no enlace https://quizizz.com/join e engadides o código 599272.Poñedes o noso nome e comezades o cuestionario. Pensade ben antes de contestar e neste caso podedes empregar lapis e papel nalgunhas ocasións.
Recordade que podedes repetir o mesmo cuestionario ata que vos saia ben. 

Veña ánimo, xa queda menos! Non vos esquezades de recoller todo o que facedes no voso diario e de ler un pouquiño cada día!
Un abrazo
Fanny