Bo día chic@s!
Benvid@s de novo ao “blog Escola de
Randufe”. Despois deste pequeno descanso, comezamos unha nova etapa. Que tal
pasáchedes estas vacacións tan especiais? Espero que souberades ocupar o voso
tempo e as vosas cabeciñas en actividades interesantes e divertidas. Como foi a
maxia? Alguén se animou a facer bolboretas? Seguro que si.
Agora tócanos de novo volver ás nosas obrigas como
estudantes. Seguro, seguro que ides usar
toda a vosa enerxía para retomar as tarefas escolares. Comezaremos con tarefas
sinxelas e de repaso, así que poñede todas as vosas habilidades en
funcionamento.
Para comezar presentareivos, como viña facendo ata agora,
as últimas achegas que recibín dos vosos traballos. Celia achéganos un fermoso e colorido “collage” e unhas graciosas
bolboretas de papiroflexia. Iker e Manuel achegan tamén as súas producións
artísticas relacionadas coas palabras de ortografía Ideovisual. Bo traballo
chicos!
Alégrome de que pouco a pouco vos vaiades animando a
enviar os vosos traballiños!
Seguidamente un vídeo
de benvida. A ocasión merece un especial saúdo! Vai dirixido a tod@s vós!
Ademáis atoparedes un vídeo con consellos para adoptar
unha postura correcta cando
traballamos nunha mesa ou ordenador. Prestade moita atención!
Proposta de
tarefas
Lingua
galega: Ficha de escritura (intenta
facer a túa mellor letra)
Matemáticas: Fichas de Cálculo Mental, Ficha de Problemas e Ficha de
repaso.
Lingua
Castelá: Crea o teu propio cómic.
(Recorda facer boa letra, mensaxes curtas e claras e utilizar os signos de
interrogación e admiración)
Ficha de
Inxenio
Preséntovos tamén un orixinal libro de poemas titulado "Vaia tropa" para que vaiades lendo ao longo da semana ( achegado gratuitamente pola Ed. Xerais). É moi divertido!
Preséntovos tamén un orixinal libro de poemas titulado "Vaia tropa" para que vaiades lendo ao longo da semana ( achegado gratuitamente pola Ed. Xerais). É moi divertido!
Isto é todo por hoxe. Unha aperta xigante!
MELLORO A ESCRITURA
VÍDEO POSTURA CORRECTA
CÁLCULO MENTAL
PROBLEMAS CÁLCULO
FICHA REPASO MATEMÁTICAS
CREA TU PROPIO CÓMIC
INXENIO
Libro "VAIA TROPA"