Bos días! Espero que esteades ben. Comezamos a última semana do curso! Estou seguro de que estades desexando unhas merecidas vacacións.
Esta semana do noso libro imos facer a ficha 10 de xeometría sobre a esfera, o cilindro e o cono para deixar rematadas todas as figuras xeométricas.
Tamén vos deixo a maiores para que teña impresora unha mandala de multiplicacións: mandala
Ademáis, recordades os sudokus que fixeramos na clase? Deixovos unha web onde podedes facer online todos os que queirades: Sudokus
E non esquezades de cando en vez repasar as multiplicacións e as taboas! Podedes seguir utilizando as webs coas que traballamos estes meses: https://www.tablasdemultiplicar.com/, https://arbolabc.com/juegos-tablas-de-multiplicar e https://www.mundoprimaria.com/recursos-educativos/tablas-de-multiplicar.
Un saúdo a todos!
Buscar este blog
Entrada destacada
Fondo libros e axuda material escolar
CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude: h...
Mostrando entradas con la etiqueta matemáticas. Mostrar todas las entradas

15/6/20
8/6/20
Matemáticas 2º de Primaria. 8 a 12 de xuño
Bos días. Como estades? Agardo que ben.
Estamos xa rematando o curso así que veña, un último esforzo!
Esta semana continuamos coas multiplicacións pero ademáis veremos de novo algunha división aplicada a problemas y remataremos cos prismas e piramides en xeometría. Como sempre, a organización da semana é só un exemplo:
Luns 8: Comezamos a semana con multiplicacións facendo a primeira parte da ficha 24 de cálculo e operacións (páxina 47).
Martes 9: Seguimos coa primeira parte da ficha 27, tamén en cálculo e operacións (páxina 53).
Mércores 10: Imos agora ao apartado de resolución de problemas e facemos a primeira parte da ficha 24.
Xoves 10: Rematamos esa ficha 24 de solución de problemas.
Venres 11: Pasamos a xeometría e rematamos a ficha 9 que comezaramos a semana pasada.
Recórdovos de novo o meu correo pra enviar as fichas e para calquera dúbida: jdapontecampos@edu.xunta.gal
Un saúdo e boa semana. Ánimo, que xa non queda nada!

1/6/20
Matemáticas 2º Primaria. 1 a 5 de xuño
Bos días! Como estades? agardo que ben
Quedan xa moi poucas semanas e comezamos unha nova na que imos ver unha pequena introducción á división. Agora que xa vexo que levamos ben as taboas de multiplicar podemos comezar a facer divisións pequenas sen problemas.
Luns 1: Podemos comezar vendo este vídeo coma introducción. Logo, iremos ao apartado de cálculo e operacións do noso libro pra facer a segunda parte da ficha 18 (páxina 36). Leemos con atención o cadro onde nos explica o proceso da división e resolvemos eses pequenos problemas. Pra axudarnos de forma visual podemos facer grupos con algo que teñamos por casa, por exemplo canicas, pra representar as contas de forma gráfica.
Martes 2: Seguimos necese apartado de cálculo e operacións e facemos a segunda parte da ficha 19 (páxina 38), sobre a relación entre as multiplicacións e as divisións.
Mércores 3: Seguimos no noso libro pero desta vez no apartado de resolución de problemas pra facer a primeira parte da ficha 23 (páxina 45).
Xoves 4: Facemos a segunda parte de esa ficha 23.
Venres 5: Pra rematar a semana imos ao apartado de Xeometría do libro e facemos a primeira parte da ficha 9 (páxina 15) sobre prismas e pirámides.
Moito ánimo e paciencia coas divisións! É tan só unha introducción, non temos que saber facelas perfectas xa. Coma é un contido novo recordade enviarme fotos ao correo (jdapontecampos@edu.xunta.gal) pra ver que tal o levades. Por suposto podedes consultar tamén calquera dúbida.
Un saúdo, moito ánimo e sentidiño!

25/5/20
Matemáticas 2º Primaria. 25 a 29 de Maio
Bos días! Como estades? Espero que todo vaia ben.
Deixovos coma sempre as tarefas da semana. Recórdovos tamén que me enviedes unha foto das fichas de multiplicación unha vez rematadas. O meu correo é jdapontecampos@edu.xunta.gal
Luns 25: Imos ao apartado de Resolución de problemas do noso libro e facemos a primeira parte da ficha 26.
Martes 26: Rematamos a fcha 26. Temos que facer multiplicacións en vertical pra resolvela. Comparto de novo o documento onde se explicaban por se non as recordades: Enlace
Miércoles 27: Facemos outra ficha de multiplicacións das que tendes impresas. Ao igual ca semana pasada se vos leva moito tempo podemos repartir a ficha ao longo da semana. FICHA
Xoves 28: Volvemos ao noso libro, desta vez ao apartado de Geometría, pra facer a ficha 7 sobre os tipos de triángulos. Podemos utilizar este vídeo coma introducción.
Venres 29: Seguimos en xeometría, facendo agora a ficha 8 sobre o perimetro. (Non fagades o exercicio 3, só o 1 e 2).
Un saúdo e boa semana!

18/5/20
2º Primaria Matemáticas. 18 a 22 de Maio
Bos días! Como estades? Espero que ben agora que comezamos a poder sair, sempre con responsabilidade!
Déixovos como sempre a proposta de tarefas da semana. Lembrade que esta temporalización é opcional:
Luns 18: Imos facer a páxina 15 das catro fichas de problemas que tendes impresas. Esta: Ficha
Martes 19: Facemos unha das fichas de multiplicacións que temos impresas. Como son operacións aleatorias podemos facer calquera. Esta é unha ficha longa con moitas operacións. A algúns quizais vos veña mellor repartila e ir facendo un pouco cada día. Non vos agobiedes se non a rematades toda seguida, pero intentade facela sen mirar as taboas. Cando a teñades rematada enviademe unha foto por correo. Ficha
Mércores 20: Imos ao noso libro de texto, sección de Cálculo e operacións, e facemos a primeira parte da ficha 29 pra aprender a utilizar a calculadora. Podemos ver este vídeo coma introducción. Iso sí, a clave facémola sen calculadora!
Xoves 21: Rematamos a ficha 29 do noso libro.
Venres 22: Inventamos dous problemas que se resolvan con unha multiplicación. Temos que escribilos e resolvelos! Deixo un exemplo: Marcos merca 5 sobres de cromos. En cada sobre veñen 8 cromos. Cantos cromos mercou Marcos en total? Solución: 5x8=40

11/5/20
Matemáticas 2º Primaria. Tarefas 11 a 15 de maio.
Bos días! Como estades? A partir de hoxe por fin podemos comezar a movernos e visitar a familiares, confío en que o fagades con sentidiño!
Deixovos coma sempre as tarefas cunha proposta de organización. Coma penso que xa todos tendes o libro na casa non vou enlazar as páxinas, pero se alguén as precisa que me escriba.
Luns 11: Facemos a primeira parte da ficha 28 do apartado de cálculo e operacións do noso libro (páxina 55 de ese apartado), incluindo a clave e o cálculo mental. Trata de multiplicar por 10,100, 20, 200, etc. Recordamos que para facer isto de xeito sinxelo multiplicamos por 1, 2, etc e engadimos o número de ceros correspondente! Por exemplo 6x20= 6x2=12 máis un cero 120.
Martes 12: Rematamos esa ficha 28, (páxina 56 de ese apartado). Recordade as multiplicacións en vertical co documento que vos deixei hai unhas semanas! Son iguais que as sumas e as restas!
Mércores 13: Imos agora no noso libro ao apartado de Resolución de problemas e facemos a primeria parte da ficha 25 (páxina 49).
Xoves 14: Facemos agora a segunda parte de esa ficha (páxina 50). Moito coidado con ese problema porque hai que facer tres operacións en total pra resolvelo, leedeo con calma!
Venres 15: Imos rematar a semana indo ao apartado de Xeometría do libro pra facer a primeira parte da ficha 6 (páxina 11 do apartado). Leemos con calma o cadro e facemos ese único exercicio sobre a simetria. Sei que hai tempo que non a traballamos, pero son cousas que xa sabemos facer! Leede ben o cadro pra compretar as dúas frases do final!
Quen teña dúbidas coas taboas pode ademáis seguir traballandoas cos xogos das páxinas web habituais. Para calquera cousa non dubidedes en contactarme. Un saudo e moito ánimo!

4/5/20
Matemáticas 2º Primaria. 4 a 8 de Maio
Bos días! Espero que esteades ben
Esta semana imos rematar coas taboas de multiplicar, que tal as levades? Calquera cousa lembrade contactarme por correo.
Luns 4: Comezamos a semana coa taboa do 9 seguindo online os cinco pasos de "tablasdemultiplicar", ao igual que fixemos coas anteriores. Enlace
Martes 5: Imos comezar coa ficha 26 do noso libro dedicada tamén a taboa do 9. Ficha
Mércores 6: Rematamos esa ficha 26. Coma sempre, non é necesario que pensedes nun problema pra cada operación, pero si pensar alomenos nun. Ficha
Xoves 7: Aínda que xa a viramos na aula nalgunha ocasión, imos seguir os cinco pasos da taboa do 10. Recordamos que o truco de esta taboa é escribir o número que se multiplica engadíndolle un 0. Por exemplo: 3x10=30. Enlace
Venres 8: Con todo o anterior penso que xa estamos preparados pra facer unha ficha de multiplicacións tal e como faciamos coas sumas e restas. Deberiades facela xa sen consultar as taboas, pero se é necesario podedes ver por elas e seguir practicando aquelas nas que teñades máis dúbidas. Ficha
Actividades optativas a maiores: Ficha de ampliación da taboa do 9. Ademáis, coma sempre, podedes repasar as taboas cos xogos de arbolabc e mundo primaria. Se vos costa facer as operacións utilizade axuda visual, por exemplo, grupos de palillos de cociña, pra que vos resulte máis sinxelo.
Moito ánimo a tod@s!

27/4/20
2º de Primaria. Matemáticas 27 a 30 de Abril
Bos días. Como estades? Espero que vos estea sentando ben sair a pasear.
Continuamos esta semana coas taboas de multiplicar. Estamos xa coa do 8! Deixovos coma sempre as tarefas e unha idea da súa temporalización.
Luns 27: Imos comenzar voltando aos problemas de sumas e restas con levadas pra non esquecelos. Ficha
Martes 28: Volvemos ao noso libro pra facer a primeira parte da ficha 25 de cálculo. Nesta aparecen algunhas multiplicacións por 11. Pra facelas, so temos que saber que o resultado de multiplicar un número do 1 ao 9 por 11 será ese mesmo número dúas veces. Por exemplo: 2x11=22. Ficha
Mércores 29: Comezamos a aprender a taboa do 8 facendo, coma sempre, os cinco pasos de "tablas de multiplicar": enlace
Xoves 30: Rematamos a ficha 25 facendo, agora sí, a parte dedicada a taboa do 8. Coma sempre, non é necesario que inventedes un problema pra cada conta no último exercicio, pero sí que inventedes polo menos un: Ficha
Xa sei que algúns de vos necesitaredes o tempo pra completar estas actividades mentres outros farédelas bastante rápido, non vos preocupedes, cada un temos os nosos ritmos. Se rematades rápido, a maiores seguide repasando as taboas, en especial esta semana a do 8 e outras que vos dean problemas, cos xogos de árbolabc e mundo primaria. Tamén podedes comezar a ver con xogos a do 9 ou facer esta ficha de ampliación do 8.
Un saúdo, moito ánimo e desfrutade do aire libre con responsabilidade. Xa falta menos e estádelo facendo moi ben!

21/4/20
2º de Primaria. Matemáticas 21 a 24 de Abril
Bos días! Arrincamos unha nova semana pra seguir aprendendo as taboas de multiplicar, espero que as esteades levando ben! Imos centrarnos estes días na taboa do 7 e en repasar algúns problemas tanto de sumas coma de multiplicacións retomando as fichas de resolución de problemas do noso libro. Coma sempre, a temporalización é so unha proposta.
Martes 21: Comezamos coa primeira parte da ficha 22 de resolución de problemas do noso libro: Ficha
Mércores 22: Rematamos esa mesma ficha: Ficha
Algúns remataredes isto moi rápido, mentres que a outros costaravos mais, non vos preocupedes! Se vos sobra tempo podemos entrar na web de "tablas de multiplicar" e repasar a taboa do 6 facendo os cinco pasos e probando os xogos, este é o enlace.
Xoves 23: Entramos de novo na web de "tablas de multiplicar" pero hoxe imos facer os cinco pasos da taboa do 7. Aprendedea ben! Enlace
Venres 24: Rematamos a semana volvendo ao apartado de calculo e operacións do noso libro e facendo a segunda parte da ficha 23: Ficha
Unha vez feito isto a maiores podedes ir comezando tamén a ver a taboa do 8, que traballaremos a próxima semana, coa nosa ficha das taboas ou ben cos xogos de mundo primaria e arbolabc.
Moito ánimo a todos! Xa falta menos

14/4/20
2º de Primaria. Matemáticas 14 a 17 de Abril
Bos días! Espero que puidérades descansar estes días e o esteades levando ben! Esta semana imos refrescar a memoria con problemas de sumas e restas con levadas, practicar de novo a igualación de cantidades e seguir coa táboa do 6. Que tal as levades ata aquí? Coma sempre, a temporalización que propoño é orientativa, seguide o ritmo que consideredes.
Martes 14: Problemas de sumas e restas con levada. Ficha
Mércores 15: Repasar e practicar a taboa do 6 cos xogos de Mundo Primaria pra facer os exercicios 3 e 4 da segunda parte da ficha 22 do noso libro: ficha
Xoves 16: Rematamos a ficha co exercicio 5. Non fai falta que inventedes un problema pra cada operación, pero facedeo pra algunha delas. Adxunto de novo a ficha explicando as multiplicacións en vertical.
Venres 17: Recordamos o vídeo de igualar cantidades e igualamos:
536 e 260
175 e 483
Podemos comezar tamén a ver a taboa do 7 coa nosa ficha de taboas e cos xogos de Mundo Primaria.
Recórdovos que para calquera cousa estou a vosa disposición no correo jdapontecampos@edu.xunta.es
Un saúdo e moito ánimo!
2/4/20
Matemáticas 2º de Primaria, multiplicacións en vertical
Bos días! Que tal estades?
Algúns escribíchedes preguntando polas multiplicacións en vertical da ficha de onte. Na aula, aínda que as tiñamos visto coma exemplo non as fixérades todavía. O proceso é moi sinxelo, exactamente igual que ao que estamos acostumados pra as sumas e restas. Non obstante, por si acaso deixo un documento onde o explico paso a paso para aqueles que teñades dúbidas.
Un saúdo e moito ánimo!
Multiplicacións en vertical

30/3/20
2º de Primaria . Tarefas semana do 30 de Marzo ao 3 de Abril
Bos días! Como van eses ánimos?
Comezamos nova semana, a última xa antes do parón de semana santa. Imos seguir co traballo sobre as táboas de multiplicar. Que tal levades a do 5? Coma sempre, a temporalización que propoño é optativa, elexide a que máis vos conveña:
Luns 30: Repaso das taboas de multiplicar do 2 e do 5: Ficha
Martes 31: Unha ampliación de esas dúas taboas e das restas con levadas en números de tres cifras: Ficha
Mércores 1: Seguimos coa taboa do 5 facendo a segunda parte da ficha 20 do noso libro. Como supoño que non o teredes na casa deixovola aquí. (No último exercicio non é necesario que inventedes un problema para cada conta, pero facedeo polo menos dunha): Ficha 20
Ademáis hoxe tamén tiñamos a hora de Plástica. Propóñovos facer, se aínda non o tendes, un debuxo para mandar ánimos nestes días. Están de moda os de arcos da vella, pero pode ser coma vós queirades. Ademáis, podédevos sacar unha foto con el para o vídeo que imos montar igual que o que fixemos dos profes!
Xoves 2: A primeira parte da ficha 22 do noso libro sobre os termos "dobre, triple, metade e tercio". Nesta ficha comeza a verse xa a taboa do 6, así que comezade a estudala! Ficha 22
Venres 3: Último día! Se xa rematamos as actividades anteriores, aproveitando a hora de informática propóñovos seguir coa aprendizaxe das taboas utilizando os xogos de mundo primaria que xa vimos a semana pasada. Probade ata a taboa do 6! Mundo primaria
Durante a semana santa leede moito, descansade, xogade, escoitade música...e dádelle algún repaso as taboas! Cando volvamos aprenderemos as tres que nos faltan. Un saúdo e moito ánimo. Xa falta menos!
23/3/20
Segundo de Primaria: Matemáticas semana 23 a 27 de marzo
Bos días! Espero que esteades animados e levedes ben estes días. Deixo aquí tarefas de matemáticas para que cada un faga dentro das suas posibilidades. A organización que propoño é tamén orientativa, cada quen que siga o horario que prefira:
Luns 23: Seguimos repasando problemas de sumas e restas con levadas.
Martes 24: Actividades sobre a taboa do 4.
Mércores 25: Recordades os sudokus? A ver se sodes quen de facer este.
Xoves 25 e Venres 26: Na web mundoprimaria atoparedes un montón de xogos para ir aprendendo as taboas de multiplicar. Ide probando estes días os xogos das taboas entre o 1 e o 4 e comezade a ver a do 5. Truco: Todas as multiplicacións desta taboa rematarán en 0 ou en 5. Deixovos aquí o enlace.

16/3/20
Tarefas Matemáticas 2º Primaria semana do 16 ao 18 de Marzo
Bos días. Esta semana tiñamos pensado facer un repaso dos últimos contidos impartidos: sumas e restas con e sen levadas, contas e problemas, taboas de multiplicar do 1 ao 4 e igualar dúas cantidades. Deixo a continuación as ligazóns necesarias ao respecto pra realizar ao longo destes tres días. E moi importante ademáis dedicar un tempo ao estudo das taboas:
- Ficha de restas con e sen levadas: Ir á ficha
- Problemas de sumas e restas con levadas: Ir á ficha
- Igualación de cantidades: Vídeo explicativo
Ficha
- Adxunto tamén pra estudar as taboas de multiplicar por se algún a deixou no cole e, pra aqueles que dispoñades de impresora, unha mandala de multiplicacións pra ir facendo vendo polas táboas.
Un saúdo e moito ánimo a tod@s!
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)