Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

7/5/20

Tarefas 5º EP 7/05

Bos días! Hoxe publicarei o tutorial personalizado para 5º para facer a vídeo chamada. Coma sempre faremos algunhas probas durante o recreo para comprobar que todo funcione correctamente. Maña venres porei a hora para a vídeo chamada. A ver se somos capaces de entrar. Pero antes de todo iso temos que facer as tarefas de hoxe!

Matemáticas: Mirade o seguinte vídeo onde se corrixen os exercicios dos dous últimos días: Vídeo.
Despois ídevos converter en arquitectos! Ben, teredes que empregar a vosa imaxinación un pouco. Teño estes planos de 3 casiñas de madeira e gustaríame saber cal é a superficie total de cada un deles. Tamén a superficie de cada unha das habitacións. Escollede un dos planos e enviádeme os datos nun documento de texto (libre ofice writer) xunto co plano que escolléchedes. Non tendes que rematalo hoxe, dareivos varios días. Se tendes algunha dubida, preguntade sen medo polo classcraft.
Lingua Galega: Lectura do apartado de expresión oral e escrita. Despois facedes unha pequena carta (en formato dixital ou na caderno) como se lle enviásedes una carta a un director dalgún xornal expresando a vosa opinión sobre un tema relevante. (o escolledes vos). Podedes inspirarvos en estas outras cartas ao director: Cartas ao director 1 Cartas ao director 2


Ciencias sociais: Esquema da primeira metade do apartado 1. Esquema O próximo día faremos a segunda metade

Lengua Castellana:Seguimos con la sección de gramática del tema 8 sobre el verbo. Haceis los ejercicios 7, 8 y 9 en el ordenador. Después haceis el ejercicio 12 en una libreta o en un documento de texto, como prefirais.

Moito ánimo!