Espero que esteades a disfrutar deste agasallo de
primavera que estamos tendo.
Hoxe para iniciar a sesión elixín dous vídeos que nos ensinan a confeccionar “maruxiñas" coa técnica de origami. Animádesvos? Parece
fácil! Pois… prestade moita atención!
Proposta de
tarefas
Matemáticas: Hoxe soamente vos vou pedir que fagades unha lectura
atenta da plantilla que vos achego sobre a conversión de unidades no Sistema Métrico Decimal. A partir de
mañá faremos algunha práctica.
L.Galega: Le o texto das páx.
174 e 175 do libro (3º trimestre). Podes facer unha lectura en voz alta teatralizada.
Fai na túa libreta os ex.5,6,7,8
e 9 do apartado “Reflexiono”. Non é preciso que
copies o enunciado.
Lectura en L.castelá.
Achégovos un enlace a unha páxina con “Trabalenguas”, algo difíciles pero divertidos.
Valores: Ficha sobre “Regulación
de emocións”
Plástica: Confección de “maruxiñas”
E por hoxe nada máis. Que teñades un bo día! Disfrutade do sol!
CONFECCIÓN DE MARUXIÑAS
PROPOSTA DE TAREFAS
PLANTILLA LONXITUDE
ENLACE "Trabalenguas"
FICHA "Emocións"
FICHAS AUTOCORRECTORAS
CONFECCIÓN DE MARUXIÑAS
PROPOSTA DE TAREFAS
PLANTILLA LONXITUDE
ENLACE "Trabalenguas"
FICHA "Emocións"
FICHAS AUTOCORRECTORAS