Como tod@s sabemos achégase a gran festa da nosa cultura: o día das Letras Galegas, data moi importante para nós. Aínda que por motivo da pandemia este ano queda aprazada a celebración para o mes de Outubro, facíase estraño deixar pasar un 17 de Maio sen mencionar á persoa homenaxeada.
O autor elexido este ano pola RAG é o ferrolán Ricardo Carvalho Calero.
Imos facer un breve achegamento á súa biografía co obxectivo de que o vaiades coñecendo un pouco.
BIOGRAFÍA RICARDO CARVALHO CALERO
E para comprobar se lestes con atención déixovos con este divertido preguntoiro musical!
Amig@s de 1º e 2º, queredes vivir unha nova aventura? pois se a resposta é que si, aquí tedes a vosa oportunidade. Botade man do rato, facede click no altofalante... e a xogar!
XOGO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Moz@s de 3º a 6º, é a vosa rolda!!
Agora que sabedes tantas cousas sobre Carvalho Calero coido que xa podedes entrar na súa misteriosa casa. Estades preparad@s? Non esquezades memorizar ou anotar os números que vaian aparecendo porque vos farán falta. Mans á obra, detectives, comeza a acción...
O MISTERIO DA CASA DE RICARDO CARVALHO CALERO
E, para os máis rebuldeir@s da escola, os nen@s de Educación Infantil, tamén hai algo... é un adianto do conto que traballaremos no cole no mes de Outubro. Isto vai por vós!