Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

31/5/20

ACTIVIDADES 4º. Luns 1 de xuño


Ola,bo día! Como estades? Como pasáchedes a fin de semana?

As “maruxiñas” seguen chegando, hoxe preséntovos as feitas por Lara. QUE GRACIOSAS!

Para comezar a semana con enerxía achégovos un vídeo dos “Lunnis” titulado "Despierta ya"

Proposta de tarefas:

L. galega: Fai unha lectura en voz alta do texto da Ficha fotocop. “Comprendo un texto expositivo”. A continuación  fai os exercicios que che propón.

Matemáticas: Continuamos coa práctica do cambio de unidades.
Espero que vos fora sinxelo resolver os exercicios que vos propuxen o venres; comprobade os resultados coa ficha autocorrectora.  

- Sitúate ná páx. 141 do libro (2º trimestre) e fai na túa libreta o ex. 2. (recorda ten sempre presente a escaleira de unidades). (Gustaríame recibir unha foto destes exercicios de Matemáticas.)

- Sitúate na páx. 153 e fai na túa libreta o ex. 1 de Cálculo.

C. Naturais: Continuamos avanzando na lección das máquinas.

- Mira o vídeo relativo a “Engranaxes”

- Sitúate na páx. 106 do libro e fai unha lectura atenta sobre a combinación de operadores. 

Isto é todo por hoxe. Ata mañá!

"MARUXIÑAS" LARA

VÍDEO "DESPIERTA YA" 
 

 PROPOSTA DE TAREFAS