Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

18/5/20

Música, conmemoración do día das Letras Galegas



Bos días!

Como supoño que saberedes onte celebramos o día das Letras Galegas. Recordades que polo día de Rosalía puxemos na aula algún dos seus poemas musicalizados? Pois ben, esa era tan so a punta do iceberg da música cantada en galego! Temas na actualidade centos de bandas de todos os estilos que utilizan o galego como lingua principal. Como xeito de conmemorar as nosas letras comparto convosco algunhas delas:

Se pensamos en música en galego quizáis o primeiro que nos veña á cabeza sexa por suposto o folk e a música tradicional. Temos un montón de artistas destacados nestes xéñeros tales coma A Roda, Milladoiro, Berrogüeto, Rosa Cedrón, etc. Deixo como exemplo unha das nosas cancións e bandas máis representativas deste estilo: Chove en Santiago - Luar na lubre

Seguramente a continuación recordaremos o punk rock ou rock bravú de grupos coma Siniestro Total, Terbutalina, Ruxe Ruxe ou Terbutalina. "Terra" é xa un auténtico himno. Dakidarria - Terra

Pero por supusto isto sigue sendo so o comezo. Temos metal: Mileth - De Bruma E Salitre, blues: Blues do país - sentadiña no pantalán, cantoautoras: Ses - Tempestades de sal, electrónica mesturada con tradicional: Baiuca - Morriña e prácticamente todos os estilos que se nos ocorran.

Se vos interesa a música actual cantada en galego e queredes coñecer máis deixovos un enlace onde se mantén actualizada unha lista de grupos e artistas que utilizan a nosa lingua. Animádevos a ir descubrindo máis! Enlace

Un saúdo a todos e boa semana!