Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

26/5/20

ACTIVIDADES 4º. Mércores 27 de maio


Ola a tod@s! Seguimos avanzando…

Hoxe iniciaremos a sesión cun vídeo sobre as "Maruxiñas", eses bichiños tan diminutos e graciosos. Este interesante vídeo mostra como é o ciclo da súa vida Dende hai un tempo vense moi poucas, pero aínda de cando en vez podemos atopar algunha. Eu onte atopei unha.

Proposta de tarefas

Matemáticas:
- Volve a ver o vídeo sobre Lonxitude. Serías quen de debuxar na túa libreta a escaleira de unidades? Deíxote un modelo

- Agora un pouco de razoamento e cálculo: realiza os ex. da ficha fotocop: “Transporte en Venecia”

Lingua galega: Sitúate na páx. 182 do libro ( 3º trimestre). Le o recadro azul e fai na túa libreta os ex. 1,2 3 e 4. 

Ciencias Naturais:Debuxa na túa libreta unha polea, unha panca e un plano inclinado seguindo os modelos das páxs. 104 e 105  do libro.


Hoxe achégovos un vídeo animado sobre pancas

Isto é todo por hoxe... Unha aperta e ata mañá!


VIDEO "MARUXIÑAS"

 

PROPOSTA DE TAREFAS