Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

28/5/20

ACTIVIDADES 4º. Venres 29 de maio


Bo día chic@s! Chegamos ao último venres do mes de maio! 

Hoxe iniciamos a sesión con dúas orixinais obras artísticas. Miguel  e Alejandra achegan a súa versión persoal da "Noite estrelada". FANTÁSTICOS DEBUXOS!

Miguel ademáis achega unha  graciosa foto das súas mans manchadas, despois de aplicar a peculiar técnica que utilizou para facer o debuxo. XENIAL!

Por outro lado comezan a chegar as maruxiñas de origamiMara, Alejandra e Lorena achegan as súas producións... incluso familias de maruxiñas! MOI SIMPÁTICAS!

A continuación un vídeo para SORRIR. Uns graciosos personaxes chamados Muppets deleítannos cunha canción moi singular titulada “Oda a la alegría”. Disfrutádea!

Proposta de tarefas

Matemáticas: Propóñovos facer na libreta uns sinxelos exercicios de cambio de unidades. Tede sempre presente a “escalera de unidades” (achégovos  de novo a plantilla). É moi sinxelo.

L. Castelá:

-Sitúate na páx. 125 do libro (2º trimestre) e le o recadro azul correspondente á definición de determinantes numerais.

-Mira os vídeos sobre “Numerales, Indefinidos  y uso del punto y coma”

-Agora xa podes facer os ex. da ficha fotocop. “El guardabosques”.

C. Naturais: Podedes facer de novo unha lectura de repaso das páx. 100 a 105 do libro.

Isto é todo por hoxe!

Ah! Tamén vos deixo, por se alguén se anima, unha receita de aperitivos con forma de “maruxiña” ( hai algún cociñeir@ no grupo?) .

Que pasedes unha boa fin de semana! Unha aperta!!

"NOITE ESTRELADA"  Miguel


"NOITE ESTRELADA" Alejandra


"MARUXIÑAS" Mara, Alejandra e Lorena






"ODA A LA ALEGRÍA"
 
PROPOSTA DE TAREFAS

EX. MATEMÁTICAS

PLANTILLA "LONXITUDE

VÍDEO "DET. NUMERAIS"

VÍDEO "INDEFINIDOS

VÍDEO "USO PUNTO E COMA"

FICHA FOTOC. "EL GUARDABOSQUES"

FICHAS AUTOCORRECCIÓN

VÍDEO "APERITIVOS MARUXIÑAS"