Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

11/5/20

PROPOSTA ACTIVIDADES PARA 3 ANOS, SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO!!!

Ola familias! 

Aquí estamos unha semana máis, para propoñervos unha serie de actividades que podedes facer cos nenos e nenas. 

Recordade, facer os xogos que xa tendes de cantidade e número, salto encima do número, xogos de series,calendario competencial...

PROPOSTA RELACIONADA CO CONTO

A semana pasada, conteivos o conto de "Aquiles o puntiño", para esta semana relacionado con este conto e coa temática do corpo, a proposta é a seguinte: 

- Facer un debuxo de nós mesmos, para iso simplemente faramos falta un papel en branco e un espello. Os nenos/as terán que ir véndose no espello e ir debuxando o seu corpo. (Non pasa nada, se se olvidan de partes, así podemos ir observando co paso do tempo a súa mellora). Vouvos pedir, que gardedes o debuxo que fagan e que poñades a data do día en que o fagan, cando se poida xa mos daredes no cole e se non, por foto ou correo. 

Deixo o conto por se o queredes volver escoitar para recordar as partes do corpo humano. 



NUMERACIÓN 

Como dixen anteriormente, moi importante seguir facendo os xogos de matemáticas do PDF que tedes no correo. 

-Decoramos o número 3. Nun folio en branco escribímoslle o número 3 e que o decoren como queiran, pintando, pegando lentellas, boliñas de papel... 

LECTOESCRITURA 

Para esta semana, podemos seguir traballando co noso nome coas preguntas das semanas pasadas, "Por que letra empeza o teu nome?, Quen da túa clase empeza coa mesma letra ca ti?...", podemos volver xogar encontrar o nome, lembrade o xogo de hai un par de semanas, escribo as letras do nome en trociños de folio ou tapóns e escondo pola casa, xardín... o neno/a ten que topalos e finalmente formar o seu nome. 

Os nenos/as que non decorastes o voso nome, podedes facelo esta semana... para os demais, imos escribirlle o seu nome nun folio en tamaño normal e en maiúsculas e terán que repasalo, cun lapis ou un rotulador (esta vez ten que ser con estas ferramentas)... unha variante pode ser, facerlle as letras con raias discontinuas. 

Outra actividade, será inventar un pequeno conto (un par de frases) con tres palabras, que son estas: TARTARUGA, PEIXE, RÍO. Podedes gravalos, e enviarmo ao correo ou Telegram. Podedes tamén, variar as palabras.  

MANUALIDADE

-Facer unha manualidade relacionada coa primavera, aquí vos deixo algunhas ideas moi sinxelas. 





Podedes atopar moitas máis en google, pinterest... Agardo as vosas creacións!!!

LETRAS GALEGAS 

Como ben sabedes, o día 17 de Maio é o día das Letras Galegas, este ano está adicado a Ricardo Carballo Calero. 

Imos escoitar un conto "As pitas baixo a choiva" feito polas compañeiras do CEIP Vilaverde-Mourente. 


Aquí tedes algunhas actividades interactivas, para facer dende a tablet ou ordenador... 


Bueno, pois ata aquí a proposta para esta semana! 

Ánimo e moitos bicos para todas e todos!
NATALIA