Ola, bo día!
Que tal levades as tarefas? Espero que ben. Ánimo chic@s, xa queda menos...
Hoxe inicia a sesión Sharay coa súa flor vermella. MOI BONITA Sharay!
Para continuar, xa que estamos estudando as máquinas, achégovos un par de vídeos sobre Leonardo Da Vinci,
un importante artista e inventor. Prestade moita atención, a súa vida é moi
interesante!
Proposta
de tarefas
Matemáticas:
- Ficha fotocop. “El
tren de la fresa” ( ficha competencial)
- Vídeo Xeometría. Imos repasar conceptos de xeometría. Hoxe... Polígonos.
Lingua
Galega: Sitúate na páx. 168
do libro ( 3º trimestre) e fai na túa libreta os ex. 1,2,3 e tamén o que corresponde ao “Obradoiro de Expresión”.
Recorda ser ordenad@ e facer boa letra. Non é
preciso que copies os enunciados.
C.
Naturais:
- Sitúate na páx. 102
do libro e le con atención a pregunta
titulada “A tecnoloxía e as máquinas”.
- Despois fai un percorrido pola túa
casa observando as máquinas que hai. A
continuación fai na túa libreta unha táboa que inclúa o nome das máquinas
que atopes na túa casa clasificándoas en tres
grupos: máquinas que utilizan enerxía mecánica, máquinas que utilizan electricidade e máquinas
que utilizan outro tipo de enerxía.
Achégote unha ficha modelo.
Deíxovos tamén un cómic
de Tintín por se alguén se anima a lelo.
Isto é todo por hoxe! Aproveitade a mañá para traballar, así teredes libres as tardes para disfrutar do bo tempo que nos acompaña. Unha aperta!!
A FLOR DE SHARAY
VÍDEOS LEONARDO DA VINCI
A FLOR DE SHARAY
VÍDEOS LEONARDO DA VINCI
PROPOSTA DE TAREFAS
FICHA FOTOCOP. " El tren de la fresa"
Vídeo POLÍGONOS
FICHA MODELO TÁBOA
FICHAS AUTOCORRECTORAS
LIBRO TÍNTIN