Ola a tod@s!
Como estades? Parece que a chuvia non nos quere deixar e o sol... xogando ao escondite.
Hoxe Breixo e Miguel preséntannos os seus carteis "Coronavirus". Moi ben chicos!
Como estades? Parece que a chuvia non nos quere deixar e o sol... xogando ao escondite.
Hoxe Breixo e Miguel preséntannos os seus carteis "Coronavirus". Moi ben chicos!
Sabíades que o domingo, 17 de maio, é o Día das Letras Galegas? Este
ano está dedicado ao escritor ferrolán Ricardo
Carvalho Calero. Por iso hoxe iniciamos a sesión cun par de vídeos ilustrativos
( vídeo presentación/ vídeo conto “As pitas
baixo a choiva”) e un xogo
online.
Proposta
de tarefas
Ciencias
Sociais: Dalle un repasiño á lección das Rochas. O luns achegareivos o cuestionario para poñer a proba a vosa memoria.
Matemáticas: Ficha fotoc. “Un paseo en globo” / Ficha extra Cálculo mental
( non é necesario
imprimir, podes facela directamente copiando os resultados na libreta)
Lingua
Castelá.
- Ficha fotoc. “Totalín” ( repaso de palabras
simples e compostas, substantivo, adxectivo, diptongo, hiato…) (Podes deixar sen facer o exercicio 7, non traballamos os nomes abstractos) /Xogo online “palabras
compostas”.
(Aviso: Como xa todos tedes os libros, a partir de hoxe xa non vou achegar a foto das páxinas dos mesmos.)
(Aviso: Como xa todos tedes os libros, a partir de hoxe xa non vou achegar a foto das páxinas dos mesmos.)
Que pasedes unha boa finde. A ver se vai sol para que os
paseos sexan máis agradables. Unha aperta grandota!
CARTEIS BREIXO E MIGUEL
VÍDEOS LETRAS GALEGAS
CARTEIS BREIXO E MIGUEL
VÍDEOS LETRAS GALEGAS
PROPOSTA DE TAREFAS