Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

12/5/20

ACTIVIDADES 4º. Mércores 13 de maio


Bo día!

Que tal o primeiro día da fase 1? Espero que ben! Todos e todas temos moitas ganas de estar de novo cos nosos amig@s. 

Hoxe iniciamos a sesión cos carteis  feitos por  Sharay, Cristina, Lorena, Manuel, Mara e Iker. BO TRABALLO chic@s!

Continuamos cun vídeo sobre “Sombras Chinesas”. (Xa foi engadido noutra sesión, pero creo que houbo problemas técnicos e desapareceu momentáneamente do blog, así que podemos volver a velo).

Proposta de tarefas

Matemáticas: Hoxe imos facer cálculo mental e reforzar un pouquiño o que aprendimos sobre números decimais. Recorda repasar o contido dos cadros azuis correspondentes a escritura e descomposición de números decimais.

- Corrixe os exercicios feitos ( ficha autocorrectora).

- Sitúate na páx.99 do libro (2º trimestre) e fai os exercicios de cálculo mental que aparecen na parte inferior.  Despois comproba coa calculadora.

- Sitúate na páx. 106 do libro (2º trimeste) e fai os exercicios 4,5 e 6. Debes copiar os enunciados con boli vermello e facer os exercicios con lapis.

Lingua Castelá:
Sitúate na páx. 146 do libro (3º trimestre). Le o recadro correspondentes a “Los gentilicios” e fai  na túa libreta os exercicios 1, 2, 3 e 4. Non é necesario que copies os enunciados/Vídeos titoriais.

Lingua galega:
Sitúate na páx. 183 do libro (3º trimestre).  Le as dúas páxinas que fan referencia á norma de ortografía que xa estudamos. Despois  prepara o ditado e faino na túa libreta coa axuda dalgúen da túa familia. Logo revisa os erros e escribe unha frase con cada palabra errada./ Xogo online Ortografía

Lectura/ Ciencia Sociais:
Sitúate na páx. 14 do libro de C. Sociais. Le o texto “Os perigos da Terra”.  Reflexiona sobre as preguntas 1, 2 e 3 e coméntao con algunha persoa da túa casa. Non é necesario que escribas as respostas, só reflexiona.

E por hoxe nada máis. Unha aperta!

CARTEIS CORONAVIRUS










VÍDEO SOMBRAS CHINESAS

 

 PROPOSTA DE TAREFAS 

FICHAS LIBRO

FICHA AUTOCORRECTORA MAT.

FICHA AUTOCORRECTORA L. CASTELÁ

VÍDEO "GENTILICIOS" 1

VÍDEO "GENTILICIOS" 2

XOGO ORTOGRAFÍA

FICHA AUTOCORRECTORA C. SOCIAIS

LIBRO "FRED QUINCALLA"