Bo día a tod@s!
Esta semana traballaremos a letra f e comezaremos coa x.
Seguiremos repasando números e faremos sumas.
Agora que xa sabemos sumar, imos comezar a restar e para iso invítovos a ver dous vídeos que vos axudarán a entender as restas.
Unha vez vistos estos vídeos, ides a facer unha ficha de restas que vos mando xunto coas outras fichas. Mandádeme se podedes unha foto dese exercicio de restas ao meu correo mariainfantilcole@gmail.com.
Fichas dos libros
- 1ª] Coñecemento do entorno (Cavernícolas)
- Ficha Nº9: Buscar as setes diferenzas.
- Ficha Nº10: Rodear o que comían os cavernícolas.
- Ficha Nº13: Compoñer varias ferramentas coa axuda das pegatinas.
- Ficha Nº19: Acabar de pintar a cova imitando as figuras que facían os cavernícolas.
- Ficha Nº20: Escribir o seu nome e apelido e transcribilos na linguaxe prehistórica de signos.
- Ficha Nº4: Observar as parellas e marcar o elemento que produce sensación de frío.
- Ficha Nº7: Relacionar as pezas que encaixan.
- Ficha Nº12: Marcar no debuxo todos os elementos que estean fóra de lugar.
- Ficha Nº16: Pintar de cor vermella os obxectos que estean enriba da mesa e de cor azul os que estean debaixo da mesa.
- Ficha Nº23: Ordear as imaxes de cada fila e numeralas.
Aquí vos deixo o link das fichas impresas para traballar durante esta semana.
(Tamén adxunto a url: https://drive.google.com/file/d/1WEGVWT4RUWpvx04wfcG_ayv50-E-eZRW/view?usp=sharing )
Un abrazo para tod@s!
BOA SEMANA!!!