Que tal ides? Espero que moi ben!!! :)
Outra semana máis deixo por aquí unha proposta de actividades...
CONTO
Para traballar un pouquiño o conto deixo dúas fichas, unha delas é para pintar á Cebra Camila como van contando no conto e a outra é un puzzle.
*Para as familias que non tedes para imprimir podedes facer un debuxo (máis ou menos) da cebra e que a pinten e incluso dese mesmo debuxo facer o puzzle. Se é complicado, podedes escoitar o conto e facer un debuxo libre do mesmo, isto último poden facelo todos os nenos/as.
Esta semana para repasar a numeración e as vogais imos a facer dous xogos online.
Son os seguintes:
OS NÚMEROS DO 1 AO 10
Código para acceder 6243347
Código para acceder 5898490
Ademais deixo unha ficha para seguir traballando o número 3.
NOME PROPIO
Podedes seguir facendo xogos co seu nome, decorar as letras, agochalas e que as atopen, escribir as letras en tapóns e que logo formen... Logo, ao igual da semana pasada podedes escribir o seu nome nun folio e que o repasen con rotus de cores.
SOMBRAS
Propóñovos esta actividade que se amosa na foto, aproveitando o bo tempo destes días. AGARDO AS VOSAS CREACIÓNS!!!!
RECEITAS CREATIVAS
Para rematar tamén vos propoño estas receitas creativas, deixo algúns exemplos pero podedes facer o que se vos ocorra. AGARDO AS VOSAS RECEITAS CREATIVAS!!!!!
UNHA APERTA FORTE FAMILIAS
NATALIA
Recordade que podedes seguir xogando a saltar encima do número, colocar a cantidade debaixo, facer series de cores, de pasta, de legumes, vasos con legumes coas indicacións que lle deades (medio cheo, cheo...). Estas actividades son importantes para facer todas as semanas.