Oola! Como comezáchedes a semana?
Xa recibín algunhas historias inventadas, moooi divertidas e inxeniosas! Vexo que vos inspiráchedes.
Tamén algunhas "Noites estreladas". Breixo, Alex, Lorena e Sharay comparten hoxe os seus debuxos. MOI BEN FEITOS chic@s e moi variados!
Tamén algunhas "Noites estreladas". Breixo, Alex, Lorena e Sharay comparten hoxe os seus debuxos. MOI BEN FEITOS chic@s e moi variados!
E... seguimos coas máquinas. Hoxe
iniciaremos a sesión cun vídeo
animado sobre “Planos Inclinados”.
Proposta de tarefas
Matemáticas:
- Imos
ver outro vídeo sobre unidades de lonxitude. Reparade ben na escaleira de medidas, é unha
boa estratexia para practicar o cambio de medidas. Xa iremos explicando...
- Agora un repasiño aos decimais. Sitúate na páx. 115 do libro (2º trimestre) e fai
na túa libreta os 4 problemas do ex. 5 (recorda
que para restar decimais hai que respectar a orde de unidades e colocar as
comas debaixo das comas, é moi sinxelo.)
Lingua
Castelá:
-Sitúate nas páx.
124 e 125 do libro (2º trimestre) e le os recadros azuis relativos aos “Determinates:
posesivos e numerais”. (Se queres,podes facer oralmente algún exercicio dos que propoñen).
- Logo mira o vídeo sobre “Aumentativos e
Diminutivos” ( repaso e reforzo)
- Agora xa podes facer a Ficha
fotocop “Como pican”.
Lectura
en lingua galega: Achégote un poema para que practiques a
lectura coa entoación adecuada. Anímaste a aprendelo de memoria?
Por certo, non deixedes de ver a entrada de "Mindfulness", nesta mesma sección.
E por hoxe nada máis. Unha aperta!!
"NOITE ESTRELADA" por Breixo, Alex, Lorena e Sharay
VÍDEO PLANOS INCLINADOS
PROPOSTA DE TAREFAS
VÍDEO LONXITUDE
VÍDEO AUMENTATIVOS E DIMINUTIVOS
FICHA FOTOCOP. "COMO PICAN"
POEMA L. GALEGA
FICHAS AUTOCORRECTORAS
Por certo, non deixedes de ver a entrada de "Mindfulness", nesta mesma sección.
E por hoxe nada máis. Unha aperta!!
"NOITE ESTRELADA" por Breixo, Alex, Lorena e Sharay
VÍDEO PLANOS INCLINADOS
PROPOSTA DE TAREFAS
VÍDEO LONXITUDE
VÍDEO AUMENTATIVOS E DIMINUTIVOS
FICHA FOTOCOP. "COMO PICAN"
POEMA L. GALEGA
FICHAS AUTOCORRECTORAS