Ola chic@s! Hoxe comezaremos realizando un pouquiño de Ioga no enlace https://www.youtube.com/watch?v=bZl0bGnu4lM. Vaivos vir moi ben para comezar mellor o día!
Nas linguas seguiremos repasando os demostrativos a través de dúas tarefas
interactivas.
A continuación, traballaremos as horas con distintos problemas vinculados
coa vida cotiá. Neste caso relacionado coas tarefas da cociña Problemas.
Engádovos tamén un xogo con distintas tarxetas no que tedes que elixir a
hora correcta que marca cada reloxo Xogo.
E por último ides facer unha comprensión lectora titulada “La misión del
corazón” no enlace https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/la-mision-del-corazon. Ao rematar faredes as tarefas de comprensión lectora e
para finalizar gravarédesme a lectura e enviarédesma ao correo electrónico.
Un saúdo.
Fanny.