Bos días! Como estades? A partir de hoxe por fin podemos comezar a movernos e visitar a familiares, confío en que o fagades con sentidiño!
Deixovos coma sempre as tarefas cunha proposta de organización. Coma penso que xa todos tendes o libro na casa non vou enlazar as páxinas, pero se alguén as precisa que me escriba.
Luns 11: Facemos a primeira parte da ficha 28 do apartado de cálculo e operacións do noso libro (páxina 55 de ese apartado), incluindo a clave e o cálculo mental. Trata de multiplicar por 10,100, 20, 200, etc. Recordamos que para facer isto de xeito sinxelo multiplicamos por 1, 2, etc e engadimos o número de ceros correspondente! Por exemplo 6x20= 6x2=12 máis un cero 120.
Martes 12: Rematamos esa ficha 28, (páxina 56 de ese apartado). Recordade as multiplicacións en vertical co documento que vos deixei hai unhas semanas! Son iguais que as sumas e as restas!
Mércores 13: Imos agora no noso libro ao apartado de Resolución de problemas e facemos a primeria parte da ficha 25 (páxina 49).
Xoves 14: Facemos agora a segunda parte de esa ficha (páxina 50). Moito coidado con ese problema porque hai que facer tres operacións en total pra resolvelo, leedeo con calma!
Venres 15: Imos rematar a semana indo ao apartado de Xeometría do libro pra facer a primeira parte da ficha 6 (páxina 11 do apartado). Leemos con calma o cadro e facemos ese único exercicio sobre a simetria. Sei que hai tempo que non a traballamos, pero son cousas que xa sabemos facer! Leede ben o cadro pra compretar as dúas frases do final!
Quen teña dúbidas coas taboas pode ademáis seguir traballandoas cos xogos das páxinas web habituais. Para calquera cousa non dubidedes en contactarme. Un saudo e moito ánimo!