Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

18/5/20

ACTIVIDADES 4º. Martes 19 de maio


Bo día!

Que marabilla de tempo! Aínda que temos que seguir traballando, tamén é importante que disfrutemos deste agasallo de bo tempo primaveral. Así que … repartide ben os vosos tempos de traballo e descanso.

Iniciamos o día coas creativas flores que achegou Celia. MOI BEN Celia! Vaia habilidades!

A continuación unha composición musical do maestro Ludwig Van Beethoven “A marcha turca”. Disfrutádea!

Proposta de tarefas

Lingua castelá: 

- Ficha fotocopiada:  “Un deporte diferente” (repaso artículos, familias de palabras…). Anímote a que inicies a ficha facendo unha lectura silenciosa do texto, para pasar despois a unha segunda lectura en voz alta. Así comprenderás mellor o contido. Podes repasar o concepto de “familia de palabras e campo semántico” nas páx. 126 e 127 do teu libro de L. Castelá. (2º trimestre).

-  Vídeo sobre Determinantes. É moi importante que vexades os vídeos, son bastante aclaratorios!  

Gustaríame ver unha foto destes exercicios.

Matemáticas: Hoxe imos facer Cálculo básico.

- Sitúate na páx. 83  (2º trimestre) e fai na túa libreta os exercicios de Cálculo mental que hai na parte inferior. (fíxate nos exemplos que aparecen na parte esquerda)

- Sitúate na páx. 103 (2º trimestre) e fai na túa libreta os exercicios de Cálculo mental que na parte inferior.

- Sitúate na páx.123 (2º trimeste) e fai  na túa libreta o exercicio 3.
Despois de facer as contas comproba coa calculadora.

C. Sociais: Corrixe o teu cuestionario sobre “As Rochas”

Sitúate na páx 100 do libro de C. Naturais. Imos comezar o tema de “As máquinas e a tecnoloxía”. Podes facer un percorrido pola lección. Achégote un para de vídeos para introducir o tema. 

Non deixedes de ver a entrada sobre "Mindfulness" nesta mesma sección.

Isto é todo por hoxe! Ata mañá!

"FLORES" Celia



"MARCHA TURCA"

 

PROPOSTA DE TAREFAS