Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

13/5/20

Mércores 13/05/20 - Actividades 3º Primaria

Ola chic@s! Hoxe comezaremos o día practicando un pouquiño de Ioga no seguinte enlace https://www.youtube.com/watch?v=xph9x_j9vQY&feature=youtu.be&app=desktop. Xa veredes como vos vai vir moi ben para comezar mellor o día. Animádevos!

Ao rematar, seguiremos traballando as horas cun caderno que vos preparei con tarefas de repaso moi sinxelas Caderno das horas. Engádovos ademais outro xogo para que poidades seguir practicando as horas Xogo.

A continuación realizaredes unha tarefa interactiva de ortografía en lingua castelá no enlace https://es.liveworksheets.com/iv158230ut. Lembrade ao rematala de enviarme os resultados.

E por último imos crear unha pequena historia en lingua galega. Para iso empregaremos a ruleta dos contos máxicos. Entrade no seguinte enlace https://docs.google.com/presentation/d/1Z8gv3leLDQWYKiaw6EoMSSDMrZc0qFryhRugfaE3aYw/edit#slide=id.p1 e iniciade a presentación. A continuación dádelle ao botón vermello para elixir o personaxe, lugar e obxecto para crear un pequeno conto Actividade.

Non vos esquezades de seguir repasando as táboas e de ler un pouquiño tódolos días.
Un saúdo.
Fanny.