Bo día a tod@s!
Esta semana vamos seguir traballando a letra r (son forte) e tamén, traballaremos o seu son suave.
Seguiremos repasando números e faremos sumas.
Fichas dos libros
- 1ª] Coñecemento do entorno (Cavernícolas)
- Ficha Nº3: Buscar na excavación os ósos da lenda e relacionalos. Escribir un título para o debuxo.
- Ficha Nº6: Debuxarse a un mesmo coa roupa actual e decorar as letras das palabras “cavernícola” e “yo”.
- Ficha Nº8: Pegar as pegatinas das cabezas dos nen@s que hai detrás na primeira fila da tribu e compoñer a palabra tribu coas pegatinas.
- Ficha Nº11: Escribir coa vosa axuda o que fan os cavernícolas e rodear o personaxe que lle gustaría ser.
- Ficha Nº15: Vestir a parella de cavernícolas colocándolles as pegatinas das prendas de roupa.
- Ficha Nº2: Formar grupos de nove elementos iguais e pintar cada grupo dunha cor diferente.
- Ficha Nº5: Marcar cal dos tres cadrados de cada fila corresponde á figura da esquerda.
- Ficha Nº17: Buscar os obxectos que só se atopan nun dos debuxos.
- Ficha Nº18: Descubrir a que monstruo se refire cada instrución e pintalo da cor que se indica.
- Ficha Nº24: Buscar no debuxo os estampados da dereita e relacionalos con frechas.
Aquí vos deixo o link das fichas impresas para traballar durante esta semana.
(Tamén adxunto a url: https://drive.google.com/file/d/1fXz4NRtzZ4vXAIcD0DzP7FAUxNOOIujc/view?usp=sharing )
Un abrazo para tod@s!
BOA SEMANA!!!