Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

20/5/20

Tarefas 5º EP 20/05

Bos días! Moitos de vos estades enviandome diariamente as tarefas que ides facendo atraves do classcraft ou do corre electrónico (oprofemartinderandufe@gmail.com). Para os demais vos pediria que non borrarades nin vos desfixerades de nada xa que todo o que levades feito nas clases non presenciais necesitareino para evaluaros na terceira avaliación. Non fai falta que mo enviedes agora todo xunto, pero si podedes recopilalo nun pen drive para entregalo máis adiante. Lembrovos que si o facedes en papel podedes facer unha foto a libreta ou folio. Comezamos:

Matemáticas: Seguimos coas fraccións. Correximos os exercicios de onte e avanzamos un pouquiño máis. Ao final do vídeo explico cal é a tarefa de hoxe así que miradeo ata o final. Vídeo

Ciencias Sociais: Facemos a segunda parte do esquema de onte: Esquema Parte 2

Moito ánimo!