Bo día!
Que tal estades? Parece que xa nos deixan
saír un pouquiño máis da casa e estar con algúns amig@s e familiares. Que ben!
Aínda que debemos ser prudentes e cumprir as normas que nos indican. Con
paciencia TODO VAI IR BEN!
Que tal van as tarefas? Espero que as vaiades
entendendo. Se tedes algunha dúbida, recordade que podedes preguntarme.
Ide
repasando todos os días un pouquiño os contidos da lección " As Rochas". Ao final
da semana imos facer un cuestionario para comprobar o que aprendimos. É importante
seguir exercitando a memoria.
Hoxe comeza a sesión Aarón, cun debuxo
interpretando a Kandinsky. Parece que te vas animando Aarón! Moi ben!
Para continuar unha popular peza de música clásica
titulada: “El vuelo del moscardón” de Rimsky Korsakov. Espero que vos guste!
Proposta
de tarefas
Lectura/ Lingua Galega:
Sitúate na páxina 158 do libro (3º
trimestre). Fai unha lectura en voz baixa do texto “O misterio das Burgas”.
Despois anímate a facer unha lectura en voz alta. Pide a alguén da túa familia
que te escoite para que te axude a identificar os posibles erros que poidas
cometer.
Matemáticas:
-Ficha fotoc.
“Diario de vacaciones”(repaso de magnitudes e aproximación de números
naturais).
-Corrixe
os exercicios feitos (seguindo a ficha
autocorrectora)
-Xogo de
divisións
Ciencias
Sociais:
- Corrixe
a táboa de utilización de materiais ( segundo a ficha autocorrectora).
- Sitúate na páxina
17 do libro. Fai na libreta os catro apartados do exercicio 11.
Lingua Castelá:
Ficha fotoc. “Urbanización Hierbabuena”
(repaso de palabras derivadas, sílaba tónica, ditongo, hiato, palabras esdrúxulas).
Antes de facer esta ficha dálle un
repaso ao folleto “Aprendo Gramática” que tes gardado na túa
carpeta.
Non deixes de ver a entrada de "Mindfulness" que aparecerá nesta mesma etiqueta.
Non deixes de ver a entrada de "Mindfulness" que aparecerá nesta mesma etiqueta.
E
por hoxe nada máis. Unha aperta!
DEBUXO AARÓN (Kandinsky)
FELIZ CUMPLE SHARAY!
"EL VUELO DEL MOSCARDÓN"
PROPOSTA DE TAREFAS