Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

15/5/20

Tarefas 5º EP 15/05/2020

Bos días! Hoxe non faremos a videoconferencia, xa que esta semana non me atopaba de todo ben e todabía estou recuperandome. Deixarémolo para o próximo venres. Tampouco fixen videos esta semana, espero que para a semana que ven podeida facer máis videos e correxir todos os problemas de matemáticas que fixechedes. Comezamos:

Matemáticas: Onte medíchedes a superfice da habitación, pero hoxe teredes que medir a superficie das paredes, xa que ides a contratar a un pintor para que vos pinte a habitación da cor que queirades. Pero antes de facelo, queredes saber o presuposto (canto vos vai a custar pintar toda a habitación). O prezo pola pintura e o traballo do pintor é de 2,5€ por cada m². ¿Cuanto diñeiro costaría pintar as paredes da vosa habitación?

Lingua Galega: Seguimos coas letras galegas. Despois de ler onte o comic sobre a vida hoxe vos pido que recheades un breve cuestionario sobre a sua vida. As respostas as atoparedes no cómic de onte. Ficha Ricardo Carballo

Pástica: Hoxe propoñovos facer uns trucos de maxia da man do magnífico mago galego Luis Pierdrahita. Déixovos aqui varios trucos por si acaso non tendes a vosa disposición os materiais necesarios para algún deles. PERO OLLO! que a vosa aduiencia (nais/pais, irmans) non miren o truco e practicade antes de facelo! Luis Piedrahita

Moito ánimo!