Bos días! Como estades? Espero que todo vaia ben.
Deixovos coma sempre as tarefas da semana. Recórdovos tamén que me enviedes unha foto das fichas de multiplicación unha vez rematadas. O meu correo é jdapontecampos@edu.xunta.gal
Luns 25: Imos ao apartado de Resolución de problemas do noso libro e facemos a primeira parte da ficha 26.
Martes 26: Rematamos a fcha 26. Temos que facer multiplicacións en vertical pra resolvela. Comparto de novo o documento onde se explicaban por se non as recordades: Enlace
Miércoles 27: Facemos outra ficha de multiplicacións das que tendes impresas. Ao igual ca semana pasada se vos leva moito tempo podemos repartir a ficha ao longo da semana. FICHA
Xoves 28: Volvemos ao noso libro, desta vez ao apartado de Geometría, pra facer a ficha 7 sobre os tipos de triángulos. Podemos utilizar este vídeo coma introducción.
Venres 29: Seguimos en xeometría, facendo agora a ficha 8 sobre o perimetro. (Non fagades o exercicio 3, só o 1 e 2).
Un saúdo e boa semana!