Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

21/5/20

Xoves 21/05/20 - Actividades 3º Primaria

Bos días! Hoxe dende a área de valores imos comezar visualizando un corto no enlace https://www.youtube.com/watch?v=gEAnre-s4-o. Unha vez rematado, realizaredes unhas tarefas sobre el Actividade

A continuación seguiremos facendo un repaso das horas a través dunha actividade interactiva no enlace https://www.liveworksheets.com/worksheets/es/Matemáticas/Las_horas/Las_horas_st143295vf.

Ao rematar, traballaremos as disolucións na área de ciencias da natureza. Imos comezar lendo o seguinte documento "as disolucións" e ao finalizar realizaredes unha tarefa moi sinxela de repaso na que tedes que identificar cales son disolucións e explicar o motivo Actividade.

E por último  realizaredes unha tarefa interactiva para repasar as palabras rematadas en illo e illa no enlace https://www.liveworksheets.com/worksheets/es/Lengua_Castellana/Ortografía/Palabras_acabadas_en_-illo_-illa_sx83258ad.

Non vos esquezades de seguir repasando as táboas. Engádovos unha actividade interactiva por si a queredes empregar para repasalas https://www.tablasdemultiplicar.com/matematicas-submarinas.html.

Un saúdo e ata mañá.
Fanny.