Bos días! Xa estamos rematando esta semana e case rematando o mes, así que non debemos baixar agora o ritmo que soamente nos queda a recta final deste curso tan peculiar. Agradezo moitísimo todo o voso esforzo e o voso traballo. E o momento de demostrar que o faremos o mellor posible ata o final! Comezamos.
Matématicas: Seguiremos coas fraccións. Hoxe quero que busquedes fraccións na vida cotiá. Buscade por casa, en libros (non valen libros de texto do cole), na internet... onde queirades e atopade fraccións, ou expresions orais con fraccións. Con todas as que me pasedes farei mañan unha recopilación. Seguro que aparecen máis fraccións das que vos imaxinades.
Lingua Galega: No tema 9, no apartado de gramática hai un texto. Facemos o un ditado cos dous primeiros paragrafos do texto. (Podedes escoitar o audio para facer o ditado). Tende en conta as pausas para poñer os signos de puntuación. Depois o correxides guiandovos polo texto.
Lengua Castellana: Empezamos tema nuevo, el tema 9 "momentos inolvidables". Leemos los poemas de la sección de la lectura y hacemos los ejercicios 2, 3, 4, 5, 6, 7 y 8. Este último no hace falta que lo hagais en el ordenador, simplemente escribid un breve poema donde expreseis algún sentimiento o recuerdo. Podeis escribirlo a mano.
Ciencias Sociais: Rematamos o esquema da seccion das paisaxes de España e Galicia: Esquema e facedes o exercicio 3 e 4 no ordenador.
Moito ánimo!