Bo día
chic@s !
Como
estades? Content@s? Ímonos achegando ao venres… o tempo pasa voando.
Continuamos
presentando os carteis que estades achegando sobre Coronavirus. Hoxe son de
Aarón, Raquel, Africa, Iván, Lara, Paula e Hugo. Todos diferentes e con moita información!!
A primavera segue o seu camiño e… se sodes observador@s podedes ver que cada vez hai máis flores nos campos e nos xardíns, por iso deíxovos un vídeo onde se observa a cámara lenta o seu crecemento. Para disfrutar coa vista!
Proposta
de tarefas
Matemáticas:
-Sitúate
na páx. 95 do libro (2ºtrimestre) e
fai o exercicio 3 (Cálculo básico).
Unha vez feitas as contas, fai a proba das divisións.
Despois comproba coa calculadora.
- Resolve
os retos nº 24, 25, 26,27 e 28 do
caderniño de Retos matemáticos.
Valores. Xogo “A ruleta das emocións”
Lingua galega.Ficha fotoc. “Comprendo
un texto descritivo”/ Vídeo adxectivos.
Lingua castelá.Sitúate
na páx. 92 do libro ( 2º trimestre) . Le o recadro azul. Fai na túa libreta os
exercicios 1,2,3 e 4. Non é necesario que copies o
enunciado.
Plástica: Hoxe a proposta é construir flores con materiais de
reciclaxe. Necesitaredes caixas de ovos, palliñas ou pauciños,botellas de
plástico pequeñas,plastilina e témperas ou rotuladores… É un traballo algo
laborioso, seguramente vos levará algúns días. Ánimo! Seguro que quedarán moi
ben!
E isto é todo por hoxe. Unha super aperta!
CARTEIS AARÓN, RAQUEL, AFRICA E IVÁN
CARTEIS AARÓN, RAQUEL, AFRICA E IVÁN
PROPOSTA DE TAREFAS