Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

7/5/20

ACTIVIDADES 4º. Venres 8 de maio

Ola de novo! 
Xa chegou o venres outra vez. Veñen días para relaxarse, aproveitade os paseíños!

Inician a sesión de hoxe Miguel, Iker, Mario, Lorena e Sharay  coas súas  interpretacións persoais da obra de  Kandinsky. MOI BEN FEITAS!

Ademais Africa, Manuel e Cristina achegan uns divertidos debuxos feitos coa técnica de puntillismo. VAIA PACIENCIA!

E tamén podemos observar o cubo de origami feito por Manuel. BRAVO! Seguro que disfrutaches moito!

A continuación un vídeo que vos propón a confección dun teléfono caseiro. Prestade moita atención e animádevos, é moi sinxelo de facer e ademais con material de refugallo.

Proposta de tarefas

C. Sociais: Sitúate nas páxinas 10  e 11 do libro de C. Sociais. Le  un par de veces  o texto “Os minerais”e observa atentamente as ilustracións. Despois fai na túa libreta un gráfico que recopile a información ( achégote un modelo, debes facer o teu propio na libreta e completalo coa información que falta).

Matemáticas:

-Sitúate na páxina 101 do libro de Matemáticas ( 2º trimestre). Fai na libreta o problema que corresponde ao exercicio 7. Non é necesario que copies o enunciado. Recorda facelo ordenadamente escribindo: datos, operación e solución.

-Sitúate na páx 108 do libro de Matemáticas (2º trimestre). Fai na libreta o exercicio 1 ( sen copiar o enunciado).

L. Castelá: Ficha fotocopiada “Los huevos de las aves” (ficha de reforzo que traballa tipos de oracións  e  palabras llanas). Deíxovos uns vídeos titoriais para repasa.  Tamén podedes repasar estes conceptos no folleto titulado “Aprendo Gramática” que tod@s tedes na vosa carpeta.

Lectura: Sitúate nas páxinas 58 e 59 do libro de C. Naturais e fai unha lectura das dúas páxinas. Ofrece información interesante sobre “Hábitos para funcionar mellor” Atréveste a facer os exercicios que propón?

Tamén vos deixo de novo o Libro “Fred Quincalla”, por si alguén aínda non se animou a lelo. Durante a semana que ven aparecerá todos os días no blog.

Que pasedes unha boa fin de semana! Unha aperta!



"KANDINSKY"  POR MIGUEL, IKER, MARIO, LORENA E SHARAY











PUNTILLISMO. MANUEL,  AFRICA E CRISTINA






CUBO ORIGAMI. MANUEL


VÍDEO TELÉFONO CASEIRO

 

PROPOSTA DE TAREFAS

 FICHA MODELO GRÁFICO

ACTIVIDADES  LIBROS

FICHA FOTOCOPIADA "Los huevos de las aves"

VÍDEO TIPOS DE ORACIÓNS

VÍDEO ACENTUACIÓN 

LIBRO "FRED QUINCALLA"