Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

7/5/20

Traballo sobre o universo 2º de Primaria

Ola,
sei que o tema do universo é un tema que vos gusta moito. Por iso, nestes días imos traballar os planetas.
No sistema solar existen 8 planetas, cando eu e os vosos pais e nais estudiabamos, nos dicían que había 9. Sabedes o nome dese "planeta" que hoxe non o é?
Para axudar un pouco podedes escoitar esta canción

https://www.youtube.com/watch?v=qE78tXPYb-Y

Tamén deixo un enlace da Nasa para saber máis sobre os
planetas https://spaceplace.nasa.gov/planets/sp/
No caderno de sociais facer a seguinte actividade:
Escribir 3 cousas sobre cada planeta e debuxalo ao lado.
Comezo eu con Mercurio:
-É o planeta máis pequeno do sistema solar.
-É o que máis cerca está do Sol.
-É un planeta rochoso.
Agora continuade vós co resto dos planetas. Tedes tempo, facelo con calma e
enviade algunha foto desta tarefa ao correo profeluarandufe@gmail.com