Bos días chic@s! Que tal foi a fin de semana? Para comezar hoxe imos facer
unha tarefa interactiva de repaso dos reloxos no enlace https://www.liveworksheets.com/gm264149nt.
A continuación traballaremos as palabras colectivas en lingua castelá. Primeiro
visualizaremos o power point que vos preparei iniciando a seguinte Presentación. Ao finalizar realizaredes unha tarefa moi sinxela para
repasar este concepto Actividade.
Ao rematar e dende a área de ciencias da natureza traballaremos as mesturas e as
substancias puras. Para iso imos ler a seguinte información Documento e ao
rematar realizaredes un mapa conceptual dos dous termos, engadindo algún
exemplo a través de debuxos e ao finalizar faredes unha tarefa para distinguir as substancias puras
das mesturas Actividade.
E por último realizaredes un xogo e unha tarefa interactiva para seguir
repasando a sílaba tónica.
Non vos esquezades de seguir repasando as táboas e de ler cada día.
PD: engádovos nun ratiño o novo reto para tod@s os que xa superastes o catro.
Un saúdo e moito ánimo.
Fanny.