Bos días! Hoxe ides crear un pequeno texto titulado “A miña rutina” no que tedes que contar o que facemos hoxe, dende que nos levantamos ata
que nos deitamos, especificando as distintas horas que facemos cada
actividade. Unha vez rematado, debuxaremos os reloxos empregados.
Ao rematar traballaremos os demostrativos. Para iso ides visualizar o
seguinte power point que vos preparei iniciando a Presentación.
Unha vez finalizada, realizaredes unhas tarefas interactivas
para traballar este concepto.
A continuación engádovos un xogo para que sigades repasando a sílaba tónica. Tedes que colocar cada lapis na opción que creades correcta. Podedes realizalo tamén na libreta, rodeando a resposta correcta Xogo.
E por último e dende a área de ciencias da natureza, seguiremos traballando
as mesturas a través dun experimento "Identificación de mesturas" . Unha vez realizado, completaremos a seguinte tarefa cos resultados Táboa.
Un saúdo e ata mañá.
Fanny.