Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

14/5/20

DÍA MUNDIAL DA RECICLAXE (17 de Maio)

Este 17 de maio celebramos o DÍA MUNDIAL DA RECICLAXE e como "AXENTES VERDES" do cole queremos recordar a tod@s a importancia da reciclaxe  para a sustentabilidade do noso planeta.


Que é a reciclaxe? É o proceso ao que se somete un elemento, xa utilizado e destinado a ser material de refugallo, para obter un produto novo.

Por que celebramos este día? Para concienciar a sociedade  da importancia que ten tratar as sobras para facer un mellor uso dos recursos naturais, reducir o impacto ambiental dos nosos hábitos de consumo e idear formas creativas de redeseñar os nosos obxectos para lles dar nova vida.


10 consellos para practicar a reciclaxe cada día

  • Separa os envases de forma adecuada.
  • Dobra as caixas de cartón para aforrar espazo en casa. Ademais, resultarache máis cómodo transportalas ao colector azul. E lembra metelas dentro.
  • Tira as botellas de plástico ao colector amarelo. Con só 80 botellas de plástico recicladas pode facerse un anorak, e con outras 70 máis, fabricar unha gabardina!
  • As latas de refrescos e de conservas van ao colector amarelo tamén. Sabías que serven para fabricar novos produtos de aluminio como envases, novas latas e ata marcos de xanelas?
  • Lembra que os briks van ao colector amarelo, e non ao azul.
  • Compra produtos cuxos envases sexan respectuosos co medio ambiente.
  • Mostra aos máis pequenos que reciclar resulta un xogo divertido.
  • Reutiliza as bolsas de plástico tantas veces como poidas. E, despois, deposítaas en colector amarelo.
  • Levar ao teu Punto Limpo municipal ou tenda de electrónica os aparellos eléctricos e electrónicos, lámpadas e baterías.
  • O aceite usado que acaba no fregadero contamina a auga. Reutilízao e méteo nun depósito de plástico para levalo ao momento Limpo.