Ola familias!!!!
Que tal imos??? Espero que moi, moi ben! Outra semana máis deixo algunha actividade para que vaiades facendo cos nenos e nenas, xa sabedes que son voluntarias pero que sería interesante facer algo para a evolución do neno/a.
CONTO
Hai algunha familia que me comenta que non podedes ver o conto dende os móbiles, deixo o enlace aquí debaixo...
ACTIVIDADES RELACIONADA CO CONTO
- Pintar unha oruga con pintura de dedos ou acuarelas, é dicir, puntiños feitos cos dedos (os que queiramos) e logo facerlle as anteas, ollos e boca...
- Facer unha macedonia coas froitas que saen no conto ou algunha receita dos alimentos que saen do conto.
NUMERACIÓN E LÓXICA
Non me canso de repetir que sigades facendo os xogos de saltar encima do número, de colocar a cantidade debaixo do número... Ademais disto, deixo estas dúas fichas.
Números para decorar con gomets, pintura de dedos, ceras, pegando boliñas...
Secuencia temporal para colorear, recortar (podemos axudar a recortarlle) e ordenar sobre o nacemento dun pitiño. Pegamos nun folio en branco, libreta...
TRABALLO DO NOME PROPIO
Teñen que escribir o seu nome e imos deixarlle que o escriban como queiran ou saben, logo teñen que colorear as letras do seu nome e se queremos para axudar podemos, agora si, escribirllo a un lado con letras maiúsculas para que as vaian buscando.
QUIZIZZ
CÓDIGO 6528498
CÓDIGO 4206632
GRAFOMOTRICIDADE
Flor para facer o grafismo como alí nos indica.
MANDALA CREATIVA
Quen se anima a facer algunha mandala creativa con elementos naturais? Deixo por aquí algunha imaxe de inspiración... Non teñen que ser tan grandes, algo pequeniño...
XA ME DESPIDO ATA A SEMANA QUE VÉN PERO XA SABEDES QUE ME PODEDES ESCRIBIR COAS VOSAS FOTITOS, NATALIA