Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

14/5/20

Tarefas 5º EP 14/05

Bos días! Seguimos un día mais traballando pero non debemos esquecer que dentro de pouco son as letras galegas. Hoxe tráiovos un pequeno cómic sobre a vida de Ricardo Carvallo Calero, o homenaxeado este ano para as letras galeas. A pesares de que a celebración oficial queda aplazada ao 31 de outubro podemos comezar a coñecelo un pouco mellor. O comic atoparédelo no EVA, no tema 9 de Lingua Galega, debaixo da caixiña azul. Comezamos:

Matemáticas: Hoxe vouvos a pedir algo máis especial. Quero que midades a superficie da vosa habitación. Para facelo podedes empregar un metro. Se non dispoñedes de metro, podedes empregar algún obxecto alongado e empregalo como unidade de medida. Por exemplo: una almofada (se son 5 almofadas de longo e 7 de ancho a habitacion medira 35 almofadas cuadradas). Pero se tendes un metro empregade mellor o metro e as unidades de medida estandar (metros, centimetros, etc.). Podedes axudarvos facendo un pequeno esquema da habitación.

Lingua Galega: Lectura do cómic sobre a vida de Ricardo Carvallo Calero que esta no EVA no tema 9 debaixo do tema de "Grande coma un mundo!"

Lengua castellana: Leed la sección sobre la "Entrevista" en el apartado del tema 8 de expresión oral y escrita, y después hacedle una entrevista a un miembro de vuestra familia. Primero preparad las preguntas, luego comenzad la entrevista. Durante la entrevista debeis anotar las respuestas en un boceto. Por último pasadla a limpio y añadidle una presentación. Cuando la paseis a limpio puede ser en un folio o en un documento de texto del ordenador, como vosotros prefirais.

Ciencias Sociales: Correxirei o mapa conceptual de onte que non se mostraba correctamente para que o fagades. Mapa conceptual. Despóis leedes a seccion 4 sobre as paisaxes de Galicia e España. O próximo día faremos o esquema de esta sección.

Valores: Xa son varios días sen facer valores pero e nunca é tarde se a dita é boa. Podedelo facer todos xa que non vos supón moito tempo. Simplemente quero que vexades esta curtametraxe e que reflexionedes sobre ela (non fai falta que me enviedes nada). Curtometraxe animada.

Moito ánimo!