Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

20/5/20

ACTIVIDADES 4º. Xoves 21 de maio

Ola de novo! 

Como estades? Que ben que continúa o bo tempo! E como se escoitan os paxaros! 

Ben, parece que o xardín vai aumentando. Hoxe Lara preséntanos a súa flor rosa, e con xarrón tamén decorado! QUE BEN Lara! 

Para continuar a  sesión  imos aprender algo sobre a vida de Vincent Van Gogh, un importante pintor holandés, que xa todos coñecedes. Quen non coñece o cadro dos xirasoles? Seguro, seguro que todos !

Para iso achégovos un par de vídeos ilustrativos, coa idea de facer unha actividade plástica que vos explico a continuación.

Proposta de tarefas

Matemáticas


- Sitúate na páx. 105  do libro (2º trimestre) e fai  na túa libreta os  3 problemas do apartado “Inventa tus problemas” (parte inferior). Debes copiar o enunciado con boli vermello e resolver os problemas con lapis indicando datos, operación e solución.  
- Vídeo sobre Poliedros ( seguimos avanzando en conceptos de Xeometría).

Valores: Reflexiona sobre o contido do Vídeo: “Ser xustos ”

L.Castelá

- Sitúate na páx. 158 do libro ( 3º trimestre). Le o recadro azul sobre os verbos,  e fai na túa libreta os ex. 1 e 2.

- Sitúate na páx. 159 do libro (3º trimestre). Le o recadro azul sobre os pronomes persoais e  fai o ex. 3. 

Non é necesario que copies o enunciado.

Lectura:  Novamente deíxovos o enlace á páxina “Orella pendella”. Esta vez propóñovos ler recitados sobre o tempo meteorolóxico.

Plástica: A proposta de hoxe é que fagas a túa propia versión do cadro  “Noite estrelada” de Van Gogh. Para iso achégote unha ficha modelo con varias versións do mesmo. Podes utilizar a técnica que ti decidas ( lapis, ceras, témpera, collage con papeis, teas, botóns, plastilina...). Estou segura de que faredes bonitos  e creativos debuxos!!

Ata mañá! Unha  superaperta!

FLOR ROSA DE LARA 



VÍDEOS "VAN GOGH"

 


        


 PROPOSTA DE TAREFAS