Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

22/5/20

Venres 22/05/20 - Actividades 3º Primaria

Ola chic@s! Hoxe comezaremos realizando un experimento para traballar o concepto de disolución. Primeiro leredes o documento que vos preparei coa explicación Instrucións e ao rematar completaredes a tarefa sobre dito experimento Táboa.

Na área de matemáticas imos facer un repaso do tema dos reloxos a través dun cuestionario quizizz no enlace https://quizizz.com/join e engadindo o código 4927376. Non vos esquezades de poñer o voso nome.

Engádovos ademais un xogo para repasar por último xa os reloxos tanto dixitais como analóxicos Xogo.

A continuación realizaredes unha tarefa interactiva de ortografía no enlace https://www.liveworksheets.com/worksheets/es/Lengua_Castellana/Ortografía_r_y_rr/Ortografía_r_o_rr_dr454955yy.

E por último e dende a área de plástica imos traballar as cores primarias e secundarias. Para comezar visualizaredes un vídeo no enlace  https://www.youtube.com/watch?v=2Jicm6Vn784&t=92s. Unha vez finalizado, realizaredes dúas tarefa para repasar estes dous conceptos Actividade e por último e de maneira opcional para podedes elixir unha das actividades do vídeo e realizala.

Un saúdo e moi boa fin de semana.
Fanny.