Ola! Benvid@s a unha nova semana! Que bo tempo fixo!
Comezamos con varias novidades: por un lado temos unha
orixinal “Noite estrelada” achegada
por Celia. Ademáis Iván e Mara
achegan unhas fermosas “Flores de cores”. PARABÉNS para os tres!
A continuación preséntovos un vídeo do peculiar
científico Beakman. Esta vez é sobre POLEAS.
Proposta de
tarefas
Lingua
galega: Ficha fotocopiada “Comprendo un xogo”
Matemáticas: Esta semana imos repasar un tema que xa introducimos o
curso pasado, o SISTEMA MÉTRICO DECIMAL (unidades de lonxitude, masa e capacidade). Este
tema traballarédelo a fondo en 5º e 6º, agora faremos unha sinxela
introdución. Día a día ireivos explicando. Hoxe preséntovos o primeiro VÍDEO,
prestade moita atención!
Ademáis seguimos
repasando os poliedros, esta vez a través dun vídeo sobre PRISMAS E PIRÁMIDES.
Ciencias
Naturais: Sitúate na páx 104 e 105 do libro e le con
atención a pregunta correspondente a "Operadores
mecánicos básicos". Despois observa o DEBUXO
que te adxunto onde aparecen varios
operadores. Serías quen de escribir na túa libreta un
conto ou historia inventada por ti inspirada neste debuxo? Gustaríame recibir unha foto desta historia!
Recorda ordenar ben as ideas, facer boa
letra, facer parágrafos e coidar a ortografía.
Isto é todo por
hoxe! Ánimo para comezar a semana!
"NOITE ESTRELADA" de Celia
"FLORES" de Iván e Mara
VÍDEO BEAKMAN
"NOITE ESTRELADA" de Celia
"FLORES" de Iván e Mara
VÍDEO BEAKMAN
PROPOSTA DE TAREFAS