Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

21/5/20

ACTIVIDADES 4º. Venres 22 de maio


Ola chic@s! Imos rematando a semana!

O noso xardín segue a aumentar. Miguel achega unhas fermosas flores de cores. MOI BEN  Miguel!  

Ademáis a nosa HORTA tamén continúa a produción ... Mirade CANTO CRECERON os garavanzos de Celia

Agora pídovos que fagades un pouco de memoria. Coa chegada da primavera...  recordades que facíamos "Apadriñamentos lectores" cos máis pequen@s á hora da lectura? Pois ben, déixovos unha canción para recordar estes momentos.  Son nen@s doutro colexio, pero facían o mesmiño ca nós. Que ben o pasabamos... temos que repetir!

Proposta de tarefas

C. Naturais: Continuamos coa lección das máquinas.  

- Mira o  Vídeo sobre “Operadores e mecanismos”

- Sitúate na páx. 103 do libro e observa atentamente o gráfico onde aparecen todos os operadores que forman parte dun coche. Serías quen de debuxar na túa libreta unha bicicleta sinalando os diferentes operadores que a compoñen: faros, freos, rodas, cadea de transmisión, pedais, …?

Matemáticas:

-Sitúate na páx. 107 do libro  ( 2º trimestre) e fai na túa libreta o ex. 15. Non é necesario que copies o enunciado.

-Achégote tamén  Xogos online de cálculo (divisións por 2, por 3 e por 10)

L. Castelá:

- Mira o Vídeo titorial sobre prefixos e sufixos.

- Ficha fotoc. “Unha casa en miniatura” ( repaso dos prefixos)

E por hoxe nada máis. Unha aperta e que pasedes unha divertida fin de semana!

FLORES DE MIGUEL


GARAVANZOS DE CELIA 


CANCIÓN: "O LIBRO MÁXICO"

 

PROPOSTA DE TAREFAS