Bos días! Como estades? Espero que ben agora que comezamos a poder sair, sempre con responsabilidade!
Déixovos como sempre a proposta de tarefas da semana. Lembrade que esta temporalización é opcional:
Luns 18: Imos facer a páxina 15 das catro fichas de problemas que tendes impresas. Esta: Ficha
Martes 19: Facemos unha das fichas de multiplicacións que temos impresas. Como son operacións aleatorias podemos facer calquera. Esta é unha ficha longa con moitas operacións. A algúns quizais vos veña mellor repartila e ir facendo un pouco cada día. Non vos agobiedes se non a rematades toda seguida, pero intentade facela sen mirar as taboas. Cando a teñades rematada enviademe unha foto por correo. Ficha
Mércores 20: Imos ao noso libro de texto, sección de Cálculo e operacións, e facemos a primeira parte da ficha 29 pra aprender a utilizar a calculadora. Podemos ver este vídeo coma introducción. Iso sí, a clave facémola sen calculadora!
Xoves 21: Rematamos a ficha 29 do noso libro.
Venres 22: Inventamos dous problemas que se resolvan con unha multiplicación. Temos que escribilos e resolvelos! Deixo un exemplo: Marcos merca 5 sobres de cromos. En cada sobre veñen 8 cromos. Cantos cromos mercou Marcos en total? Solución: 5x8=40
Un saúdo e boa semana!