Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

11/5/20

Tarefas 5 anos semana 11 de maio


Bo día a tod@s!

Esta semana vamos seguir traballando a letra g e comezar coa r, centrándonos no seu son forte.

Tamén, seguiremos repasando números e faremos unhas sumas.

Estas son as tarefas dos libros:

- 1ª] Coñecemento do entorno (Cavernícolas)

Antes de facer as fichas, podédeslle ensinar este vídeo que trata o tema que imos a traballar:


Déixovos aquí tamén o enlace, aquí, ( https://www.youtube.com/watch?v=Sw-SO3WTxAc )

  • Ficha Nº1: Rodear as cousas que coñecen e coa vosa axuda poñer un título que englobe todo.
  • Ficha Nº2: Rodear os 3 cavernícolas; pintar os cadrados pequenos e no grande (outros) debuxar un neno ou unha nena vestido de cavernícola.
  • Ficha Nº5: Pegar cada pegatina no seu lugar. (As pegatinas están ao final do libro).
  • Ficha Nº7: Buscar e rodear as oito cousas que non cadran na imaxe.
  • Ficha Nº12: Pegar cada pegatina sobre a imaxe que representa a mesma acción.
 - 2ª] Matemáticas
  •  Ficha Nº1: Formar grupos de oito elementos iguais e pintar cada grupo dunha cor diferente.
  •  Ficha Nº3: Observar as parellas e rodear o elemento menos pesado.
  •  Ficha Nº11: Descubrir a figura misteriosa e rodeala.
  •  Ficha Nº15: Escribir 1, 2 ou 3 debaixo dos debuxos de cada secuencia para ordenala.
  •  Ficha Nº19: Rodear o número de elementos de cada tipo que hai en cada grupo e, na línea de abaixo, os que hai en total.


Aquí vos deixo o link das fichas impresas para traballar durante esta semana.
(Tamén adxunto a url: https://drive.google.com/file/d/1tT6O2rOhOkGJnZmicdSlmRj7IM-MCHWv/view?usp=sharing )

Un abrazo para tod@s!

BOA SEMANA!!!