Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

11/5/20

Luns 11/05/20 - Actividades 3º Primaria

Ola! Hoxe comezaremos traballando o reloxo como xa vos dixen o venres. Para iso vainos axudar moito o reloxo que construímos. Primeiramente visualizaredes un vídeo no enlace https://www.youtube.com/watch?v=RqPYRcVO8j8 e ao finalizar realizaredes unha tarefa interactiva de repaso das horas no enlace https://www.liveworksheets.com/worksheets/es/Matemáticas/Las_horas/Las_horas_rx199815ik

Ao rematar, avanzaremos nun vocabulario novo de lingua castelá vinculado cos animais "El mejor amigo". Primeiro comezaredes visualizando a seguinte imaxe durante 5 minutos. Despois responderedes oralmente as preguntas. Ao finalizar memorizaredes as palabras do banco e unha vez memorizadas, intentamos facer nos mesmos o ditado. Unha vez reamatado, corrixídelo e marcades os acertos. 

Ao continuación seguiremos traballando en ciencias da natureza a materia. Neste caso faremos un repaso da auga e os seus estados. Para comezar visualizaredes o seguinte documento Cambios de estado da auga. Unha vez rematado, realizaredes unha tarefa moi sinxela de repaso Actividade e ao finalizar unha tarefa interactiva no enlace https://es.liveworksheets.com/worksheets/es/Ciencias_Sociales/El_agua/Cambios_de_estado_del_agua_zj31087dh

E por último, traballaremos en lingua galega a ortografía. Ides engadir unha palabra de cada grafía no seguinte documento de drive https://docs.google.com/document/d/1u9dIGGHBZ6KnUNruuuv5yk2a85fLJXgvIl3Ym1RWpgY/edit?usp=sharing. Non esquezades empregar unha cor diferente.

PD: envíovos nun ratiño o reto número 4 a tod@s os que fixestes xa o reto 3.
Un saúdo.
Fanny.