Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

Mostrando entradas con la etiqueta Infantil. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Infantil. Mostrar todas las entradas

14/6/20

tarefas 5 anos semana 15 xuño



Bo día a tod@s!

Entramos na última semana de curso así que moito ánimo e prepararse para o verán para disfrutalo moito que este ano merecémolo máis ca nunca.

Esta semana traballaremos as dúas últimas letras que son a ll e a j.

Seguiremos facendo algunhas sumas e unha ficha de restas.

Ao final do documento das fichas, déixovos unhas recomendacións para as vacacións.

Aquí vos deixo o link das fichas impresas para traballar durante esta semana.
(Tamén adxunto a url: https://drive.google.com/file/d/168pV7x4BJrPa4FWP0NTfBB_3smN50Q8T/view?usp=sharing )


Deséxovos que pasedes un bo verán, que disfrutedes moito pero sempre respectando as medidas de hixiene e seguridade.

Un abrazo para tod@s!


Vémonos!!!!

BOA SEMANA!!!
 
BO VEN!!!

Un abrazo moi forte para tod@s. 

8/6/20

Tarefas 5 anos semana do 8 de xuño

Bo día a tod@s!

Como estades? Espero que esteades tod@s ben. Darvos o último empuxón para este curso que xa está rematando.
Esta semana traballaremos as letras ñ e z. Esta última é unha letra que só vai xunto ás vogais a, o, u xa que coa "e" e coa "i" poñemos a c (que como xa dixeramos falaba de dúas maneiras e unha delas é como a z.
Seguiremos repasando números e faremos sumas.
Tamén, vos vou mandar outra ficha de restas coas demais fichas. Mandádeme se podedes outra foto deste exercicio de restas ao meu correo mariainfantilcole@gmail.com.

Fichas dos libros

- 1ª] Coñecemento do entorno (Cavernícolas)

 Ficha Nº4: Debuxar os utensilios dos paleontólogos e decorar as letras que forman a palabra “paleontólogos”.

 Ficha Nº17: Escribir na lista as utilidades do lume para os cavernícolas.

 Ficha Nº18: Pintar como se fora o fondo dunha cova.

 Ficha Nº24: Arrodear o vocabulario traballado, debuxar o que máis lles gustou do libro e escribir coa vosa axuda palabras que aprenderon.

- 2ª] Matemáticas

Ficha Nº9: Calcular e escribir a cantidade de euros que hai en cada monedero.

Ficha Nº13: Arrodear o número que representa a cantidade de personaxes de cada grupo.

Ficha Nº14: Pegar as caras dos dados que corresponden ás sumas e pegar os adhesivos dos resultados.

Ficha Nº22: Copiar e ampliar o debuxo do elefante nunha cuadrícula maior.


Aquí vos deixo o link das fichas impresas para traballar durante esta semana.
(Tamén adxunto a url: https://drive.google.com/file/d/17VCzTLHS1dEH7ta4EzyXl0GwynT7Ierb/view?usp=sharing )

Un abrazo para tod@s!

BOA SEMANA!!!

1/6/20

Tarefas 5 anos semana do 1 de xuño


Bo día a tod@s!

Esta semana seguiremos traballando a letra x e ademais traballaremos a b e a v (vamos a coñecelas xuntas porque como xa sabedes falan igual).

Seguiremos repasando números e faremos sumas.

Tamén, vos vou mandar outra ficha de restas coas demais fichas. Mandádeme se podedes outra foto deste exercicio de restas ao meu correo mariainfantilcole@gmail.com.

Fichas dos libros

- 1ª] Coñecemento do entorno (Cavernícolas)

 Ficha Nº14: Observar as pegatinas e pegalas de forma correcta.

 Ficha Nº16: Continuar a serie na primeira fila coas pegatinas e crear series libres na segunda e na terceira.

 Ficha Nº21: Escribir que se necesita para facer a boneca de barro.

 Ficha Nº22: Fixarse nas construcións que aparecen na ficha e debuxar unha delas.

 Ficha Nº23: Completar as palabras do vocabulario prehistórico coas letras que faltan.

- 2ª] Matemáticas

Ficha Nº7: Sen contar, estimar as cantidades de diferentes elementos do debuxo e anotalas. Despois, comprobar as estimacións e anotar as cantidades reales.


Ficha Nº8: Formar grupos de dez elementos iguais e pintar cada grupo dunha cor diferente.


Ficha Nº10: Escribir a cantidade que corresponda a cada grupo e resolver a suma.


Ficha Nº20: Relacionar cada número co grupo que contén a cantidade de elementos correspondente.


Ficha Nº21: Pintar de cor verde os obxectos grandes e de cor amarela os pequenos.


Aquí vos deixo o link das fichas impresas para traballar durante esta semana.
(Tamén adxunto a url: https://drive.google.com/file/d/1E8rtFWkla1w9d5_gLfoc4NL9tfYWJdbd/view?usp=sharing )

Un abrazo para tod@s!

BOA SEMANA!!!

25/5/20

Tarefas 5 anos semana do 25 de Maio

Bo día a tod@s!

Esta semana traballaremos a letra f e comezaremos coa x.

Seguiremos repasando números e faremos sumas.

Agora que xa sabemos sumar, imos comezar a restar e para iso invítovos a ver dous vídeos que vos axudarán a entender as restas.

 

 


Unha vez vistos estos vídeos, ides a facer unha ficha de restas que vos mando xunto coas outras fichas. Mandádeme se podedes unha foto dese exercicio de restas ao meu correo mariainfantilcole@gmail.com.

Fichas dos libros

- 1ª] Coñecemento do entorno (Cavernícolas)

  • Ficha Nº9: Buscar as setes diferenzas.
  • Ficha Nº10: Rodear o que comían os cavernícolas.
  • Ficha Nº13:  Compoñer varias ferramentas coa axuda das pegatinas.
  • Ficha Nº19:  Acabar de pintar a cova imitando as figuras que facían os cavernícolas.
  • Ficha Nº20: Escribir o seu nome e apelido e transcribilos na linguaxe prehistórica de signos.
- 2ª] Matemáticas

  • Ficha Nº4: Observar as parellas e marcar o elemento que produce sensación de frío.
  • Ficha Nº7:  Relacionar as pezas que encaixan.
  • Ficha Nº12: Marcar no debuxo todos os elementos que estean fóra de lugar.
  • Ficha Nº16: Pintar de cor vermella os obxectos que estean enriba da mesa e de cor azul os que estean debaixo da mesa.
  • Ficha Nº23:  Ordear as imaxes de cada fila e numeralas.

Aquí vos deixo o link das fichas impresas para traballar durante esta semana.
(Tamén adxunto a url: https://drive.google.com/file/d/1WEGVWT4RUWpvx04wfcG_ayv50-E-eZRW/view?usp=sharing )

Un abrazo para tod@s!

BOA SEMANA!!!