Bos días! Espero que esteades ben
Esta semana imos rematar coas taboas de multiplicar, que tal as levades? Calquera cousa lembrade contactarme por correo.
Luns 4: Comezamos a semana coa taboa do 9 seguindo online os cinco pasos de "tablasdemultiplicar", ao igual que fixemos coas anteriores. Enlace
Martes 5: Imos comezar coa ficha 26 do noso libro dedicada tamén a taboa do 9. Ficha
Mércores 6: Rematamos esa ficha 26. Coma sempre, non é necesario que pensedes nun problema pra cada operación, pero si pensar alomenos nun. Ficha
Xoves 7: Aínda que xa a viramos na aula nalgunha ocasión, imos seguir os cinco pasos da taboa do 10. Recordamos que o truco de esta taboa é escribir o número que se multiplica engadíndolle un 0. Por exemplo: 3x10=30. Enlace
Venres 8: Con todo o anterior penso que xa estamos preparados pra facer unha ficha de multiplicacións tal e como faciamos coas sumas e restas. Deberiades facela xa sen consultar as taboas, pero se é necesario podedes ver por elas e seguir practicando aquelas nas que teñades máis dúbidas. Ficha
Actividades optativas a maiores: Ficha de ampliación da taboa do 9. Ademáis, coma sempre, podedes repasar as taboas cos xogos de arbolabc e mundo primaria. Se vos costa facer as operacións utilizade axuda visual, por exemplo, grupos de palillos de cociña, pra que vos resulte máis sinxelo.
Moito ánimo a tod@s!