Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

4/5/20

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA 3 ANOS, SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO!!!!

Bos días familias!

Outra semana máis, deixo unhas propostas de traballo. Xa sabedes que son voluntarias e que as podedes adaptar! 

Imos comezar, escoitando un conto... 

AQUILES O PUNTIÑO





Como vos dixen no vídeo, a primeira proposta é facer un Aquiles, está prohibido imprimir nada, tedes que ir debuxando e recortando as partes do corpo sen olvidarnos de ningunha, xa vedes que é moi sinxelo, con círculos, triángulos... podemos ir formando o corpo. Logo podedes pegalo nun folio, xuntar as partes cuns encadernadores ou pegalas... o que mellor vos vaia! Tamén podedes intentar contar esta historia como fun facendo eu no vídeo. 

DECORO O MEU NOME 

Imos escribirlle o seu nome nun folio en branco o máis grande que poidamos, logo terán que decoralo como eles queiran, con ceras, acuarelas, pegando lentellas, boliñas de papel... 

Podemos aproveitar este momento, para traballar a expresión oral co seu nome:

- Por que letra empeza o teu nome?
- Tes algún compañeiro/a que leve esa letra no seu nome? E algún mestre/a? 
- Hai algún día da semana que empece pola letra do teu nome? 

Outras que se vos poidan ocorrer. 

BUSCO AO NÚMERO 2 CON TRAMPA 

Faremos esta ficha de buscar ao número 2 con trampa. Deixo un modelo, pero non é necesario imprimir, podedes escribir o número 2 correctamente e en espello, eles terán que rodear ou colorear o número correcto. 

Logo toca facer outra serie (son moi importantes, nesta etapa). O modelo de ficha trae unha pero podedes facer nun folio círculos ou triángulos, e teñen que colorear coa indicación que lle deades. 


Seguimos xogando, a colocar a cantidade debaixo do número, a saltar encima do número que lle digamos, a facer series de macarróns, legumes, etc. 

DEBUXO PARA COLOREAR 


Se non podemos imprimir non pasa nada, nun folio en branco pedímoslle que faga un debuxo sobre flores, animais típicos desta época... cos materiais que queiran. 


Ademais, deixo un caderno de actividades para que vaiades imprimindo se así o necesitades. Pero, xa sabedes que debedes priorizar estas actividades que aquí propoño e o xogo como medio de aprendizaxe. 


SAÚDOS E ÁNIMO, FAMILIAS!!!!

NATALIA