Bos días! Hoxe faremos a videoconferencia! Onte non me deu tempo ao final de preparar o tutorial, asi que deixovos aqui as intrsuccions en un PDF. Faremos a videocnferencia hoxe de 12:00 a 13:00 horas, así que para que vos de tempo a prepararvos as tarefas de hoxe serán simplemente as de estar puntuais para videoconferencia e facer todos os pasos do tutorial. Deixarei aberto durante toda a mañan o chat do EVA por si tendes algunha dúbida. Tamén podedes preguntar polo Classcraft.
Antes de conectarse quero aclarar algunhas cousas. A videoconferencia consume moitos datos polo que si non tendes unha boa conexión a internet pode que funcione mal ou non se conecte adecuadamente. Desaconsello a conexión mediante os datos do telefono móbil, xa que o alto consumo de datos pode afectar a futuras conexións a internet ou incluso chegar a aumentar a cuantia da factura.
Una vez avisado poño o primeiro paso: Para conectarse tendes primeiro que descargar o Google Chrome. Poñovos varios enlaces para a sua descarga:
- Enlace 1
- Enlace 2 ( el link esta en la seccion de descargas, ver imagen)
MOI IMPORTANTE! Cando comecedes a descarga fixadevos ben que estea a opción marcada de "Gardar ficheiro". Unha ve descargado seguide os pasos que se explican no seguinte vídeo:
Unha vez que teñades o chrome funcionado seguide os pasos deste Tutorial en PDF.
O link para entrar a reunion será este: https://eduxunta.webex.com/meet/martin.kuperberg
Esperovos a todos os que poidades a partir das 12:00. Se ten éxito intentaremos repetila.